23 de xul. de 2015

CAMBIARON AS COMISIÓNS DE FESTAS DE CAMBADOS EN TEMAS DE PROTOCOLO?.

ANTES NUNCA INVITABAN O XEFE DA OPOSICIÓN AS PROCESIÓNS, AGORA INVITANO A TODAS.
E incrible o cambio que deron as Comisións de Festas de Cambados en temas de protocolo dende que Luis Aragunde deixou de ser alcalde de Cambados e pasou a ser xefe da oposición. Antes as comisións de festas, agás a das Angustias, nunca  invitaba o xefe da oposición,   a sazón dauela Victor Caamaño,  a ningúnha procesión. Que
casualidade que Luis Aragunde pasa a xefe da oposición e aparece en todas as procesións celebradas ate o de agora e pola marcha que leva tamén seguramente asista as que faltan. 
Porque este troco tan grande en materia do protocolo nas Comisións de Festas de Cambados, porque agora se invita ao xefe da oposición e antes nunca se invitada? . Terá que ver que sexa Luis Aragunde o xefe de oposición e haberá que pagar favores doutros anos?. Isto en realidade era o que habia que facer sempre , pero insistimos agás a Comisión de Festas das Angustias, ningunha, que nos coñezamos,  invitaba a Victor Caamaño as procesións, que non fora,  é outro tema, pero habia que invitalo, de feito a unica que o invitou, que nos coñezamos o BNG si mandou representación.  Dende logo a algunhas comisións veselle o plumeiro. Sabemos  que a moitas non lle vai gustar o que dicimos , pero é a pura realidade.
Fotos: LA VOZ DE GALICIA.

Ningún comentario: