23 de xul. de 2015

O CONCELLO DE CAMBADOS NON FINANCIARÁ O ACTO DO CAPÍTULO SERENÍSIMO E DESTINARÁ OS 20.000 EUROS DE AFORRO Á MELLORA DE SERVIZOS DE LIMPEZA DURANTE O ALBARIÑO.

Pedro Piñeiro, mandamais do Capitulo
Serenisimo ,con Aragunde.
E ÚRXENTE A ELIMINACIÓN DESTE ENTE ANACRÓNICO,  E QUE O UNICO QUE FIXO FOI POLITIZAR A FESTA.
VOZ TELEVISIÓN,  NUN ERRO MONUMENTAL,  DI QUE O NOVO GOBERNO CANCELOU A FESTA DO ALBARIÑO
Finalmente, pese a todas as xestións realizadas polo goberno local para que a investidura de Cabaleiros e Donas do Albariño fose aberto ó público e se celebrase na Praza de Fefiñáns, finalmente, o acto do Capítulo Serenísimo será na ubicación de sempre: o patio de armas do Pazo de Fefiñáns grazas a sin razón do  Capitulo Serenisimo e o seu
A Festa do PP era o Albariño
mandamais Pedro Piñeiro.. 
A Confraría do Albariño insiste en motivos de seguridade con respecto ás persoalidades asistentes, non por agresións físicas senon verbais.
Así o puxeron de manifesto os catro representantes do goberno local, encabezados pola alcaldesa Fátima Abal, que compareceron hoxe para explicar diferentes detalles de organización da Festa do Albariño deste ano nunha rolda de prensa que recolleron en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
En todo caso, a alcaldesa asegurou que o Concello non financiará o acto de investidura e destinará os 20.000 euros que costaría o evento para as arcas municipais á mellora dos servizos de limpeza durante os días da Festa do Albariño.
Por tal motivo, o Acto de Investidura de Cabaleiros e Donas do Albariño deste ano será financiado íntegramente por parte do Capítulo Serenísimo con fondos privados.
De PP a PP 
O que sí vai a organizar directamente o Concello vai ser o Desfile previo á investidura e o Xantar do Albariño.
O goberno local insiste en despolitizar a Festa e por eso incluen algunhas modificacións, que detallou o primeiro teniente de alcalde o nacionalista Victor Caamaño.
A máis resaltable é que no desfile estarán ausentes as autoridades políticas, e só participarán as agrupacións e colectivos invitados ó evento.
Os cargos políticos esperarán directamente en Fefiñáns para entrar xuntos ó Patio de Armas do Pazo.
Outra modificación será que únicamente serán convidados ó Xantar do Albariño as Damas e Cabaleiros que sexan nomeados este ano, e non os de edicións anteriores como viña ocorrendo ata o de agora.
Tamén se realizará unha importante restricción dos cargos políticos convidados ó xantar, limitando a presenza dun único representante por organismo ou departamento administrativo.
Asimesmo, na súa pretensión de que a Festa do Albariño teña maiores connotacións veciñais, o goberno local require que os adegueiros teñan maior presenza no Xantar.
Por certo que, a partir do luns, calquera veciño que desexe asistir ó Xantar poderá achegarse ó Concello para recoller a inscripción para o pago do menú, que este ano será de 40 euros, 10 menos que o ano pasado.
E xa cara futuras edicións, comezando xa para de 2016, a pretensión do goberno local é que a Festa do Albariño estea organizada por un Padroado.
A intención é que esa entidade estea integrada por diferentes colectivos con distintas sensibilidades para facer unha festa do agrado da maioría.
En canto ó custe, o tradicional Xantar do Albariño será, segundo o goberno de Cambados, máis austero que en anos anteriores, reducindo considerablemente o número de convidados.
Segundo as cifras ofrecidas polo concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, o Xantar costoulle ás arcas municipais o
pasado ano máis de 32.000 euros. Detalladamente, gastarónse máis de 12.000 euros no cátering, preto de 10.000 no alquiler de mesas, sillas e cubertería, 6.000 euros custou a instalación da carpa e gastáronse preto de 5.400 euros na pulpada.
No 2014, o concello tan só recaudou 9.000 euros do custe do Xantar, xa que de 678 invitacións que se repartiron, só 194 persoas aboaron o seu menú de 50 euros, e as 484 persoas restantes foron convidadas a cargo do concello (nada mais e nada menos que se gastaba Aragunde en invitar a amigos 24.200 €)
Nesta nova edición, o actual goberno local quere reducir en torno a 100 o número de convidados ó Xantar e o custe do menú será de 40 euros, 10 euros menos que o ano pasado.
Ademais, do aforro de 20.000 no Acto de Investidura, o
Concello de Cambados tamén vai a deixar de gastar o redor de 60.000 euros que era o que viña costando a celebración da habitual Gala do Albariño.
Finalmente, foi o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, o encargado de explicar os pormenores de loxística e limpeza e seguridade.
Cos 20.000 euros de aforro procedentes do acto de investidura, este ano a Festa do Albariño poderá contar con máis baños portátiles, maior número de contenedores para a recollida de lixo e botellas e máis operarios do servizo de limpeza.
Asimesmo, tamén se alugará un camión de baldeo de maior tamaño e unha segunda máquina barredoira.
Respecto a seguridade, crearase un grupo de coordinación formado por un membro de protección civil, outro da Garda Civil, un axente da policía local, un representante do Concello, un responsable da empresa Celta Prix, encargada da recollida de lixo e un operario municipal do servizo de limpeza.
Por último, o goberno fai un chamamento ós usuarios e ós veciños porque “a limpeza é cuestión de todos”.
"Nova recollida, ate aqui,  de Arousa si Radio Salnés.
E ÚRXENTE A ELIMINACIÓN DESTE ENTE ANACRÓNICO, E QUE O ÚNICO QUE FIXO
FOI POLITIZAR A FESTA.
No Capitulo Serenísimo manda e ordena un vilagarcián para mais “fodienda”, e non é outro que o ínclito Pedro Piñeiro, íntimo amigo de Luís Aragunde. O único que fai este organismo dende que tomou posesión o actual goberno foi poñer pedras no camiño a os organizadores da festa. O actual goberno debe tomar cartas do asunto e eliminar da festa a este organismo anacrónico e peperil que o
único que fixo foi politizar a desta, agás un par ou tres de cabaleiros solo  se limitaba a dourarlle a píldora  os políticos do PP. É lamentable que se neguen a facer o nomeamento na Praza de Fefiñans, por medo aos sílvidos (o que ten cú, ten medo, algo farian non?). Estamos seguros de que si lle pedira o ex alcalde Aragunde este accedería. Insistimos os cambadeses e o novo goberno teñen que eliminar a estes  elementos que o único que fan e denigrar a festa que nos todos mais queremos. Nunca quixeron nomear cabaleiro a único alcalde da democracia que non  o é,  Xoán Antonio Pillado, seguen sen nomear cabaleiro ao decano dos enólogos Luciano Amoedo e seguen sen democratizar ese ente que non deixa de ser mais que un niño de peperos e que modifica os estatuos o seu antollo.
VOZ TELEVISIÓN,  NUN ERRO
Un cabaleiro corrupto.
MONUMENTAL,  DI QUE O NOVO GOBERNO CANCELOU A FESTA DO ALBARIÑO
Xa o colmo dos colmos puidémolo escoitar onte en V Televisión cando unha locutora di que o actual goberno "CANCELOU A FESTA DO ALBARIÑO” para aforrar 60.000 euros. Vaia burrada, podelar ver premendo AQUI, a partir do minuto 5.  A Voz quere favorecer tanto ao PP que non sabe o que han de dicir para denigrar aos demais, hai que ser mediocres, evidentemente o que querían dicir era que se cancelaba a gala do albariño  que nos aforra a todos os cambadeses máis de 60.000 euros, e en troques temos o mellor grupo de musica tradicional galego  nin mais nin menos que Treixadura, os que amamos a música saímos gañando e non temos que escoirar a catro triunfitos en play back nin que se forre certa televisión grazas aos cambadeses. Moi ben polo actual goberno e Esperemos que Voz TV corrixa o seu tremendo erro, hoxe.


Ningún comentario: