29 de xul. de 2015

COMO CAMBIOU O CONTO.

UN ARTIGO DE XAN GALBAN
Recordaba hoxe no Restarante Maria Castaña un grande orador e mellor persona,D.Marcial Gondar que a mais de
etnólogo é un afeizoado aos bós viños e mellores xantares,unha anécdota de Castroviejo e Cunqueiro,tan ligados á festa do viño Albariño,que,conversando apaciblemente saeu a colación o tema da Santa Compaña
que aseguraban téla visto os dous,mais tamén aseveraban observala ún de cor branca e o outro de bermellón lle parecera a vestimenta utilizada pola procesión das almas en pena,e logo de moito divagar coincidiron en concluir que o Cunqueiro bebera Albariño e Acuña Castroviejo bebera tinto,de seguro Espadeiro,aclarándose todo.Asi mesmo vai ocurrir na primeira festa do Príncipe dos viños, organizada polo actual goberno municipal,cadaquén vaina a ver segundo que lentes utilice pero ímola a disfrutar todo o mundo e xa
escomezou ben,moi ben,cun pregoeiro que o fixo xenial e á altura das cicunstáncias e relembrando para moitos vilegos tempos pretéritos que fixeron emocionar a mais dagún nunha ateigada praza que coma Ágora grega estaban todos e por primeira vez dende a balconada do Concello,parabéns Juan Galiñanes,pasas á pequena historia de Cambados.Pero as cousas non son como escomezan,senon como rematan,e como dixo o insigne pregoeiro"con fogos artificiais do Domingo"coma sempre,e pode ser que a algúns tanta luminotécnia os cegue e con eles o pensamento;ben certo é que os dous amigos da conversa apacible esquencéranse dun pequeno detalle fundamental,conta a tradición que quen virase a cabeza e ollase á procesional ringleira de almas,pasaba a formar parte deles condenados a vagar eternamente polos camiños adiante,coido vailles pasar outro tanto a tantos blogs locais-VIVA EL VINO,Mariano dixit
XAN GALBAN

Ningún comentario: