3 de ago. de 2015

O GOBERNO DE CAMBADOS PASOU CON NOTABLE ALTO A SÚA PRIMEIRA FESTA DO ALBARIÑO

O GOBERNO ACTUAL BATEU O DO PP EN MAS DE QUINCE MIL BOTELLAS VENDIDAS E DOBLOUNOS EN VISITANTES
Aquí estamos de novo despois do parón
do Albariño, que tamén temos dereito a estar de festa. E claro toca facer un pormenorizada análise do que foi a festa este
ano. Mentres os da extrema dereita cambadesa non facían mais que "enmerdar" e festa o goberno , paseniño, traballando dende a sombra estaba a organizar unha festa que bateu "records" e  que son para analizar.
Por primeira vez na historia tal e como levaba reivindicando esta páxina dende hai moitos anos leuse o pregón antes do corte da cinta da inauguración da festa, como ten que ser,  e quen mellor que o noso ilustre veciño o cineasta Juan Galiñanes, e como non podía ser menos fixo un "quionizado" pregón que resoltou ser emocionante, gracioso e moi entretido, perante unha praza do concello ateigada de xente. De aí as autorizades procederon a inauguración da festa cunha multitude de xente  que nunca
se vira no primeino día da festa do Albariño. A noite estivo unha espectacular Sés que deixo marabillados aos cambadeses e sobre todo aos que na coñecían, unha bomba no escenario na praza de Fefiñans, os de extrema dereita cambadesa como non tiñan forma de criticar o concertazo saíron co do tema político, pobres diaños, eles tiñan como ideólogos a pensadores da talla de Manolo Escobar, El Fary,
King Africa ou Georgie Dann, por exemplo. O xoves nun programa apretadísimo, concertos dende a mañá ata a noite na praza de Alfredo Brañas como o de Cabina 402, pasarrúas etc, todo mundo esperaba a actuación estelar da noite e que non eran outros que os ansiados Treixadura, estiveron
sinxelamente espectaculares, gustaron a maiores nenos e todas idades, especial mención para o cambadés do grupo o mestre gaiteiro Xaquín Xesteira que estaba moi emocionado, un concerto de 10, a todo isto a afluencia de xente notaba que era bastante superior a doutros
anos. O venres, día en moitos sitios de comidas entre amigos, chegaba a noite a ver todos ao “misterioso “James” nunha praza a rebentar, un son excepcional os británicos trouxeron a
Cambados, xente de todos os lugares de Galicia, a masificación íase notando cada vez mais, isto xa era un "sinvivir". Previamente o goberno de Cambados dáballe a oportunidade a outro cambadés neste Caso a  Isi Vaamonde e a súa banda para que actuaron na praza de Fefiñans e a verdade que non defraudaron, co inclusión da mesma do baixista de Triana Ruben Iglesias.
O sábado xa a primeiras horas da maña había retencións de tráfico para entrar en Cambados, o día prometía unha afluencia de público fora do normal, e así foi, Cambados quedou colapsado tanto por estrada, telefonicamente e incluso internet tal e como contaban certos medios de prensa. O concerto da noite foi espectacular, Vaquerizo dicía na súa actuación  “Aquí hai mas de cuatro personas por
metro cuadrado” e efectivamente si as había e Mario fixo o que puido, pero antes uns rapaces  que levan xa un tempo tocando tiveron a súa gran oportunidade tocar na festa do Albariño e na Praza de Fefiñans e cun son espectacular “Noite Fechada” o sábado deu un paso moi grande dentro da súa carreira musical, estamos seguros de que hai un antes e un despois desta actuación, e o “Rajoy tírame dun collón” sonou impresionante na praza de Fefiñans.
O domingo  quizais  foi onde estivo o único lunar da festa por
iso non lle damos o sobresaínte a mesma, agás unha radiante alcaldesa que vimos desfilar coa sua flamante capa de dona do Albariño,   estaban case os mesmos protagonistas da festa anterior , hai que facer algo co ancestral e retrógado Capitulo Serenísimo e non podemos esperar ao ano que ven, non pode volver a ser outra vez unha procesión do PP, quen dende as súas bases estiveron a denigrar a festa a desexar que fracasara estrepitosamente, viron tal auxe do mesma dende o mesmo mércores  que non tiveron mais
remedio que mobilizar a todos os seus  “papamoscas” para facerse notar nunha festa que levaban criticando dende a mesma toma de posesión do actual goberno. O vicepresidente da Xunta estivo en Cambados quitando fotos con radicais da extrema dereita,  e mentres no desfile do “procesión das marmotas” podiamos ver a Alcaldes de Cambados, que algúns pensaramos que desapareceran do mapa e non sabiamos deles.
En canto a venta de botellas e afluencia de público vai ser difícil superar  85.000 botellas vendidas este ano, 15.000 mais que o ano pasado, en canto a afluencia de público rompéronse todas as previsións doblando case a asistencia do ano pasado , varios establecementos quedaron si subsistencias  na tarde do sábado e as copas de consello regulador escaseaban en certos momentos. A nota “anecdótica” , foi a que festa baile da praza das Rodas rematou unha hora antes porque ao parecer certo industrial hostaleiro da zona “ non lle gustaba moito”, e tivo que rematar as nove da noite, mentres que noutra praza houbo música case ate os fogos.
En definitiva o goberno actual posou cun notable alto o primeiro albariño é certo que hai cousas que hai que corrixir pero veñen herdadas dos peperos , esperemos que para o ano se corrixan.
Mentres o unico que se lle ocurre a periodista conservadora cambadesa Bea Costa de La Voz de Galicia,   despois do tremendo éxito da festa deste ano é destacar as drogas e alcohol no seu periódico, despois parecelle mal que a critiquen.

Ningún comentario: