4 de ago. de 2015

DO TERRORISMO INFORMÁTICO A PORNOGRAFÍA DE ADOLESCENTES

Parte da imaxe da denuncia.
A PÁXINA DA EXTREMA DEREITA CAMBADESA DENUNCIADA NA POLICÍA POR PUBLICACIÓN DE PORNOGRAFÍA.
Non saben que facer para denigrar a imaxe do noso pobo a dos nosos dirixentes. Dicía publicamente o ex alcalde Luís Aragunde que  o blog “A ti Meu Cambados” o que facía era denigrar a
imaxe de Cambados.  Pasamos diso,  a que supostos seguidores do ex alcalde, pola forma de pensar e pola forma de escribir e porque publican nesa páxina artigos relativos a el,  pasaron do terrorismo informático a pornografía de
adolescentes. Estes días para denigrar a festa do albariño a páxina mais famosa da extrema dereita cambadesa, aparte de publicar os desperdicios dos concertos nada mais rematar, publicou unha fotografía de dous adolescentes facendo o amor en plena rúa.  Aínda que foi retirada pouco tempo máis tarde, houbo xente que lle deu tempo a facer “pantallazo” (nos publicamola practicamente tapada) e incluso a páxina Alza la Voz Cambados, denunciono perante a policía, quen abriu unha investigación ao respecto, como se pode ver no faceb ook de Alza la Voz Cambados. Non entendemos que como ninguén con dous dedos de fronte dentro do partido da gaivota non fai nada para evitar que estes elementos sigan
Os sectores "mais cordos
debianlle pedir a Aragunde que
tome cartas no asunto
difamando , insultando, ameazando dende unha páxina que di que representa ao partido da gaivota.  É mais, parece que está a pasar todo o contrario,  hai certos candidatos do partido en cuestión que como verdadeiros “hooligans” adícanse a animar ao resto do enxambre baixo perfís falsos. Está claro que como non teñen argumentos para criticar ao actual goberno son capaces de todo, isto foi a gota que colmou o vaso, alguén, insistimos, debía de poñer cordura a estes terroristas das redes sociais, e dicirlles ao  suposto xornalista, ao  suposto cargo institucional, ao suposto militar, ao suposto técnico de turismo,  e mais ao suposto fotografo afeccionado que  se deixen de denigrar a imaxe do noso pobo, ademais inxustificadamente, porque vai no seu propio prexuízo. Son tan "buítres" que non dubidan en mentir a sabendas e nomear a personaxes anónimos con tal que teñan certa relación con algún blogger democrático. As gaivotas, que  representan aos animaís carroñeiros  ao lado destes parecen o “espírito santo”.

Ningún comentario: