13 de xul. de 2015

CUCARANDAINAS, O VINDEIRO VENRES 17 DE XULLO NO PARQUE DE TORRADO.

O vindeiro venres 17 de xullo no Parque de Torrado (en caso de mal tempo no Auditorio Municipal) contaremos coa actividade Moito Conto  de Cucarandainas, dentro do programa Ler
Conta Moito. 
Trátase dunha actividade de narración oral participativa dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, na que, a partir dun conto literario, o público xoga e dramatiza a historia. Para iso presentarase un proposta lúdica e pedagóxica baseada na elaboración e interpretación de contos que ten como
obxectivo potenciar valores positivos tales como a convivencia, igualdade, a educación afectiva entre outros, trasladándoos aos participantes.
A narradora guiará a representación e os espectadores pasarán a formar parte activa da mesma como personaxes ou ambientación espacial ou sonora. 
A duración prevista é dunha hora aproximadamente. Dado que por operatividade se recomenda que o número de nenos asistentes non supere os 45, ábrese o prazo de inscrición gratuíta na biblioteca municipal Casa dos Fraga, que poderá realizarse in situ dentro do seu horario (de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00, e sábados de 11.00 a 14.00), ou no teléfono 986 520 008. 

Ningún comentario: