13 de xul. de 2015

FIN DE SEMANA SUPERFESTEIRO EN CAMBADOS

FESTA DA VIEIRA, SAN ANTONIO, SANTA MARIÑA E O CARMEN.
ACTUACIÓN DO GRUPO CAMBADÉS THE SARKNADOS O VINDEIRO VENRES.
Este fin de semana en Cambados non imos dar abasto con tanta festa pois coincidenten catro festas moi importantes da nosa vila.
FESTA DA VIERA
A celebrar os días 16, 17 e 18 de xullo son as XIV Xornadas
Rafa Centeno (Faro de Vigo)
da Exaltación da Vieira organizadas pola Confradia de Cambados e Porto de Cambados, declarada de Interés Turístico Galego. Situarase unha carpa  no Paseo da Calzada, Estarán presentes na festa Rafael Centeno do restaurante Maruja Limón quen levará a cavo unhas xornadas de degustación. Tamén colabora coa festa o prestixioso cociñeiro
Yayo Daporta
cambadés Yayo Daporta  e asocación Guimatur.
Guimatur con motivo das xornadas o sábado 18 de xullo ás 11.30 horas e o domingo 19 de xullo ás 12.00 horas organizará as súas famosas rutas polos bancos marisqueiros e o barrio de Santo Tome.
THE SARKNADOS
Yayo Daporta impartirá un taller baixo o titulo “pescadeRias ¿de onde senón? A pescar artesanal é sostible en Cambados”, centrándose en productos comercializados pola Lonxa de Cambados, terá lugar o 18 de xullo ás 19 horas e a asistencia é gratuita..
Pola súa parte Rafa Centeno e todo o seu equipo prepararanos esos platos que vieira que solo eles saben facer..
Coral  Santa Mariña
SAN ANTONIO 17 DE XULLO.
As 21 horas misa cantada pola Coral Santa Mariña na igrexa parroquia, e pola noite actuará o grupo cambadés The Sharknados e Mandarina Jack.
SANTA MARIÑA 18 DE XULLO.
Festa rachada organizada pola Comisión de Festas Santa Mariña de Cambados, que ven de organizar cun éxito escepcional unha xornada de loita contra o AME, con verbena popular dun coñecido conxunto.
DOMINGO 19 DE XULLO FESTIVIDADE DO
CARMEN
Pola mañá Alborada co grupo folklórico Os Carballeiras de Vilariño e a Banda de Música de Castrelo. As 11 misa caniada pola Coral Santa Mariña na igrexa de San Benito de Fefiñans, ao remate da misa, acompañamento das imaxes dos santos ata a Confraría de Pescadores. As 18.30 horas Misa ao aire libre no porto de Tragove. De seguido procesión e pola noite , gran verbena amenizada pola orquestra Principal.



Ningún comentario: