13 de xul. de 2015

MAIS DE 30.000 EUROS É O DÉFICIT REAL DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS.

O JUVENTUD DE CAMBADOS A BEIRA DO PRECIPICIO, SEGUNDO CONTA CORES DE CAMBADOS.
Conta o blog cambadés CORES DE CAMBADOS que pasadas as 12:00 de  onte domingo comezaba a asemblea extraordinaria na que o punto a tratar era suficientemente importante como para non acudir. Medio cento de socios e
afeccionados acudiron a convocatoria.
A finalidade da convocatoria era poñer en coñecemento dos socios a "situación real do club", que atravesa momentos delicados debido á demanda por non pagamento de salarios de varios xogadores da tempada 2012-2013.
 Fontán anunciou que ao longo desta semana espera poder anunciar un acordo con eles que está aínda a perfilarse.
O presidente reiterou a importancia de lograr a retirada desta
denuncia dos xulgados, dado que "de resolverse favorablemente para os xogadores, podería supoñer a desaparición do club". Sempre sen desbotar todalas as posibilidades.
Segundo Cores de Cambados, máis de 30.000  euros de débedas lastran o futuro do Cambados e poden abocalo a sua desaparición.
A parte positiva é que, segundo Fontán, "hai predisposición por parte deles, xa que saben que a situación do club pasa por chegar a un acordo e que eles cedan un pouco", polo que se segue traballando en deseñar formas de pagamento do que se lles debe.
Os socios responderon a estas noticias favorablemente e
manifestando tamén a súa vontade de axudar en todo o que fora necesario. Incluso o adiantar o pago de carnét de socio de varios anos. Ou aportacións económicas en forma de donativos reintregables.
Tamén se puxo en coñecemento dos socios a campaña de captación de socios e como se vai definindo plantel de xogadores para a vindeira tempada.
Tamén segundo nos informou unha persona presente na asemblea, un ex presidente dixo de deixar desaparecer o blu e emprezar en terceira autonomica con débeda 0, perdariase un ano, pero ganariase moito.
TROFEO ALBARIÑO CONTRA O CELTIGA.
O Club Juventud Cambados confirma que o seu rival no Trofeo Albariño será o Céltiga FC. O partido disputarase o día 8 de Agosto no campo municipal de Burgáns nun horario por confirmar.
Próximamente iranse confirmando o resto de partidos da pretempada no facebook do Club Juventud Cambados.
PRESENTADA A CAPTACIÓN DE SOCIOS RADIOFONICA
- Jorge Horro, vicepresidente, con Carlos M.Vieites, e Matías Fontán, Presidente, presentaron a campaña radiofónica producida por Arousa si Radio Salnés, de captación de socios para a tempada 2015-2016. 
Preme AQUI para oir a "cuña".

Ningún comentario: