13 de xul. de 2015

EXPERTOS MUSICAIS CATALOGAN DE “EXCEPCIONAL” AS ACTUACIÓNS CONTRATADAS POLO GRUPO DE GOBERNO PARA O ALBARIÑO 2015.

INCLUE DE TODO, ROCK GALEGO, NACIONAL E INTERNACIONAL CO MELLOR GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL NO MEDIO.
Expertos musicais consultados por este medio catalogan de “excepcional, equilibrado, de boa calidade e variado” os
concertos contratados por Tino Cordal como representante do grupo de goberno para o festa do Albariño 2015. Din que hai música para todos os gustos, nenos, maiores, mozos, nel podemos ver practicamente toda a clase de estilos músicais, poderán gustar mais o menos, pero o éxito musical do Albariño, din estes expertos, está asegurado. 
VENRES 24 DE XULLO: 
Festa Máxima FM No Pombal, dende as 22 horas, con Víctor Magan, Jose M. Duro, Aina Maro,  Arturo Grao e Pablo Méndez.
SÉS
MÉRCORES 29 DE XULLO:
“Festival do Albariño en Galego”, con “SOCRAM”, “SÉS” e “DIOS KE TE CREW ”. Actuará, igualmente, “KILLING FLOOR”, segundo o certame dos institutos cambadeses.
QUEN É SÉS?
SÉS

Sés: "Fago música en galego, porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo"
Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar. Unha moza que nunca tivo a vontade de vivir profesionalmente da música. "Non porque non me apaixone, senón porque o vía moi difícil", recoñece. Agora é unha das grandes realidades da música en galego. E cunha proposta moi clara. Ritmos americanos repensado en galego e en feminino,
letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario.

E todo comezou en 2007. Xunto con tres amigos creou Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano. Presentáronse a un concurso que apadriñaba Santiago Auserón e non só gañaron, senón que a Sés cambioulle a vida. "Falou moi ben de min, empecei a dar moitos concertos e saquei un disco. Foi todo un pouco como de película". Di Uxía Blanco (directora de Cantos na Maré) que Sés é o mellor que lle pasou a musica galega en moitos anos...
XOVES 30 DE XULLO:
Actuación de TREIXADURA con CANTIGAS E AGARIMOS, hoxe por hoxe o mellor grupo de música tradicional de Galicia e que  actuán por primeira vez na Festa do Albariño. Este grupo é un icono para os grupos de música tradicional do noso pais.
Actuación do Grupo folk HABELAS HAILAS, diante do Concello.
ISI VAAMONDE
VENRES 31 DE XULLO
Actuación do cambadés ISI VAAMONDE que actuará como telonero de gran actuación  internacional “JAMES”.
James é unha banda de indie de Mánchester, Inglaterra, formada en 1981. Logo de traballar nos anos 80, chegaron a converterse nunha banda coñecida nos 90, co lanzamento dunha serie de sinxelos de éxito durante a década,
CONCERTO DE JAMES
incluíndo "Say Something", "Sit Down" e "Laid". "Ring the bells" é outro sinxelo con contido profundamente relixioso. Logo da marcha do seu cantante Tim Booth en 2001, o grupo volveuse inactivo, aínda que non se confirmou a separación oficialmente. En xaneiro de 2007, o grupo

anunciou que volvía para tocar facer algúns concertos e que estiveran compoñendo novo material. Lanzouse un novo sitio web, confirmando cinco datas iniciais en Reino Unido en abril. A
propia web de Tim Booth tamén confirmou a volta. O 16 de marzo, James tocou nun concerto secreto de volta en Hoxton Square Bar. O 1 DE Agosto actuarán en Coimbra Portugal.
SÁBADO 1 DE AGOSTO:
SOFA AMBULANTE, gañador do concurso de grupos de rock dos institutos .
NOITE FECHADA, que se destaparon como revalación no Salnés nos derredeiros  ano como grupo de rock, son de Cambados. 
E  para rematar MARIO VAQUERIZO as súas “NANCYS RUBIAS” , xunto a ALASKA, grabarán tamén en Cambados parte dun reality show sobre ambos, con un equipo da MTV, para a súa emisión a partir de septiembre. 
Grupo TUROQUA, dianta da Praza do concello.
DOMINGO 2 DE AGOSTO: 
“MAMÁ CABRA” e a BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO.
Todos os concertos son gratuítos.



Ningún comentario: