13 de xul. de 2015

ONTE DEMOSTROUSE QUE AS COMISIÓNS DE FESTAS NON SÓ VALEN PARA ISO.

A DE SANTA MARIÑA AMOSOU O LADO MAIS SOLIDARIO NO FESTIVAL CONTRA O AME
Onte a Comisión de Festas de Santa Mariña, amosou que non están solo para organizar festexos, tamén están para organizar actos tan solidarios e bonitos como o  que
organizaron onte diante do Concello de Cambados, cun éxito total de publico e de venta de rifas. Merchi Alvarez amosouse moi contenta e así co demostrou neste post no seu facebook
“””Super satisfeita do resultado do meu traballo e sobre todo a Comisión de festas de Santa Mariña BRAVO BRAVO BRAVO.
Gracias a tódolos grupos que hoxe participastedes neste festival a prol da AME, Con de Xido,Xironsa,Os Carballeiras,Os Demos da Petaca Volandeira ...a Agrupacion Agmc de Ribadumia e sobre todo a Silvia Ferre Casar,gran cantante que temos eiquí que non lle fan falla instrumentos tan só a súa voz é suficiente para encher todo Cambados de armonía, póñenseme os pelosde punta do ben que o fas. O mestre Alfredo Susavila mil gracias por tocar nesta ocasión por min, un pracer escoitar todo o que sae das túas mans.Belen Xestal que vou decir de ti, que me sacas os coloretes cada vez que falas de min, tes un ton de voz maravilloso eres unha narradora incrible e como persoa, maravillosa,gracias por recordarme que estás ai e de que non estou soa que
estades cerquiña ós tres espero que me axudes a extender a AME e me deas un pequeno empurrón que é o que me falta. GRACIAS.
GRACIAS unha vez máis a todo Cambados e redores por seguir apollando ésta causa, por arroparme, seguirme a donde valla e o que faga.
Gracias Xaquin Chon Charliun Gonzalez e Arturo Cores Rodríguez por axudarme tanto, dinvos as linguas porque as merecedes un montón e nunca me olvidarei do voso xesto desinteresado hacia min.
Gracias.
Chegaremos a tempo pa moitos nenos.
?#?stopAME?
?#?CambadoscontrAME?””
Dicir tamén a modo de comentario que certos energumenos criticaron a ausencia da alcaldesa Fatima Abal na procesión de San Benito, pero Fatima está onde ten que estar e onte estivo no festival de Merchi en primeira fila animando durante mais de catro horas que durou o festival a todos os participantes, nos aplaudimos moito mais o xesto de onte cara a Merchi de Fatima que ir ou non a unha procesión mais ou menos. Hai que estar onde hai que estar e punto.
Por certo,  o longo do día a Comisión de Festas de Santa Mariña publicara no se facebook a relación de rifas premiadas que ainda non recolleron o seu respectivo agasallo.

Ningún comentario: