2 de xul. de 2015

FULARES ESTÁ TRISTE ¿QUE LLE PASA A FULARES?

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Cóntanme as miñas “gargantas profundas” que dende o pasado dia 13 de xuño, Fulares non é o mesmo, que velo pola rúa e  está como ausente; véselle mais apagado, mais tristón, menos home
 ¿que lle pasa a Fulares?.  
      ¿Será que non se puido recuperar aínda da perda do seu cómodo e  desafogado posto? Ah!! ¡¡Que lonxe parecen
quedar xa aqueles días nos que Fulares acompañaba a Aragunde a tódolos sitios, da igual que fose un concerto de Julio Iglesias que a inauguración  dun pilón para lavar roupa en calquera das parroquias cambadesas!!
      Nunca chegamos a saber moi ben a
que se dedicaba Fulares, unicamente que, a tódolos cambadeses,  custáballe mais de 30.000 euros anuais simplemente  pola “cara” aínda que sexa neste caso, todo hai que dicilo, unha cara ben “guapa” e “atractiva”. 
      E, quizais, teña motivos para estar preocupado: neste momento a unica que traballa é a súa compañeira e, mal que
lle pese,  hai que seguir pagando as letras do piso, da moto e, como non, seguir comendo (e agora xa non hai dietas do concello) e vestíndose  ( e a ser posible ben e de marca).   
      Incluso hai quen me asegura que o viron rezándolle a Fátima  na Iglesia  de Fefiñans, pero non a Virxe de Fátima que se venera en Portugal, tras aparecerse a tres pastoriños no ano 1917 senón a alcaldesa Fátima Abal para pedirlle que non deixen de contar coa súa moza no Concello.     
   
  Todos os que me coñecedes sabedes que Fulares nunca foi prato do meu gusto porque representa o que mais aborrezo na política, o de crear un posto totalmente  inútil e prescindible, unicamente para “enchufar” ao pelota de turno pero, sendo sincero, non podo evitar ter algo de pena por Fulares porque o rapaz tampouco era malo de todo. 
      Botaremos en falta velo por Cambados coa súa axenda e o seu smartphone  na man;  ese smartphone que se resistía a deixar, xa que era de uso profesional e facilitado para tal fin e que, contan as malas linguas, que intentou pasar á súa titularidade. 
      

      Desexámoslle, de corazón,  a Fulares que  atope pronto unha ocupación acorde ás súas aptitudes, non sabemos que aptitudes ou méritos son estes pero esperemos non ter que velo nun traballo “indigno” para a súa clase e categoría; el merécese un traballo no que se poida seguir a “pavonar”, no que se vexa que é un home de mundo e que ó  mundo debería de estarlle agradecido por ter nacido. 

    Dura situación a súa e, porque non dicilo, tamén dura situación a do insigne Benito Leiro pero como se di nestes casos “¡¡sempre se van os mellores!!”; outros tiveron mellor sorte,  mirade senón, ao ex alcalde  Aragunde: foi perder a alcaldía e xa o “colocaron” na Deputación ....si é que “o que vale, vale” aínda que sexa vale  para facer “bulto”. 
      Mentres tanto Fulares non perde o tempo e xa o podemos atopar nas redes sociais, iso si cun perfil falso, criticando ao novo goberno municipal, sen ni sequera darlle a os cen primeiros días de graza. 
      Antes de despedirme quero darlle unha mensaxe positiva a Fulares e animalo, sempre pode atopar outro político que necesito un “canciño faldeiro” e nesa tarefa  non hai ninguén  mellor ca el.         
         
     
UN SAUDO A TODOS 
                      RICARDO DOMINGUEZ REY  

   

Ningún comentario: