2 de xul. de 2015

MANIFESTO LIDO POLA ALCALDESA DE CAMBADOS FATIMA ABAL CON MOTIVO DO “DIA DO ORGULLO”

O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall en 1969 no Greenwich Village de Nova York, acontecemento do que este ano se conmemora o 45 aniversario, e que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (LGTB), e que se celebra en todo o mundo como o Día do
Orgullo LGTB. Unha conmemoración nada da rebelión cidadá contra a inxustiza, a discriminación, a fustigación e a
constante persecución social e policial,  e que deu orixe a un movemento polos dereitos civís e os dereitos sexuais en todo o mundo
Hoxe é un día histórico para Cambados, por primeira vez a bandeira do arco da vella  presidirá o balcón del Concello e ademáis, no día do Orgullo Gai. 
Unha data especial xa que agora se cumplen
10 anos da aprobación da lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fai tan só uns días  coñecíase a noticia de que se aprobaba o matrimonio en todos os estados dos Estados Unidos.
Pero queda moito por avanzar a nivel mundial, por eso
estamos aquí todos os integrantes deste novo gobernó, para demostrar que realmente estamos ante un tempo novo, e que para nós todos somos iguais, que non facemos ningún tipo de distinción e que todos os veciños e veciñas de
Cambados contan co noso apoio. 

Hoxe demostramos que as sociedades poden facerse mellores a sí mesmas e que poden ensanchar as fronteiras da tolerancia e facer retroceder o espazo da humillación e a infelicidade. 
Gracias a todos os que estades aquí presentes, por respaldar e  apoiar ó colectivo LGTB.


NOTA DO ADMINISTRADOR.- Nun acto clarísimo de homofobia a páxina bazofia da extrema dereita cambadesa criticou abertamente a posta da bandeira no balcón do concello de Cambados así como os colectivos que compoñen a LGTB. Non teñen vergoña.

Ningún comentario: