5 de xul. de 2015

LUÍS ARAGUNDE SEGUE AO PE DA LETRA A DOUTRINA DO NAZI GÖBBELS

(Foto: FARO DE VIGO)
“UNHA MENTIRA REPETIDA MIL VECES CONVÉRTESE EN VERDADE”
Göbbels era un alto cargo de Hitler, e foi un dos principais oradores do Terceiro Reich, padecía  un trastorno narcisista da personalidade e quizais sexa iso o que
esconden os 32 tomos do diario que non deixou de escribir ata o final dos seus días. Foi evidente o seu labor á fronte da
propaganda do Partido Nazi, e logo do Terceiro Reich, foi un dos alicerces nos que se asentou a popularidade do nacionalsocialismo nos primeiros anos e a súa vontade de resistencia nos momentos da derrota. Unha das técnicas mais famosas que usaba este fascista  era unha   que se resume nunha soa frase a el atribuída: «Unha mentira repetida mil veces convértese en verdade» Todos os medios eran bos para conseguir os seus propósitos. 
(Foto: Faro de Vigo).
Pois ben, parece  que o xefe da oposición Luís Aragunde, debe de ser un dos seus mais  fieis seguidores, ao menos da súa filosofía, ao menos iso parece, polo publicado hoxe nos medios de prensa de Arousa volve a repetir as mesmas mentiras unha e outra vez relativas as asignacións orzamentarias do cuadripartito, e por certo os medios volven a publicarllas. Volve a repetir o de sempre dende que perdeu a Alcaldía, que o cuadripartito é unha "patraña" , que enganaron aos electores etc etc etc e ademais insiste no mesmo Aragunde di que el Toñito Iglesias cobraban  72.556 euros brutos ao ano, fronte aos 141.500 euros que suman as liberacións do novo equipo de goberno. 

O único certo oficialmente a día da data o concello funciona como un reloxo é que  que o único período contable finalizado ate o de agora era o 2013 onde o equipo de goberno que presidía Luís Aragunde custoulle ao 151.179 euros ou sexa 11.179 euros  mais que o que pode custar o cuadripartito actual. Este é a única realidade e Aragunde moi listo non conta os seus asesores como cargos políticos, que si o eran, sen entrar a valorar cargos inutís do
concello que este goberno debe eliminar pouco a pouco.
O dos cen días de cortesía aos novos gobernos non vai con Luís Aragunde nin por suposto cos  rottweilers que din as mesmas mentiras que Aragunde pero dende o covarde anonimato.

Ningún comentario: