10 de xul. de 2015

NON SO FALTARON EXPEDIENTES DO CONCELLO DE CAMBADOS, FALTARON TAMÉN 4 PCS, UNHA CÁMARA DE FOTOS E VARIOS TELÉFONOS MÓBILES.

OS AUTORES SON COÑECIDOS E AGORA ESCRIBEN EN BLOGS ANÓNIMOS, UNS VERDADEIROS “QUINQUES”
Hoxe todos os medios de prensa fanse eco sobre a estraña desaparición de varios expedientes polémicos do Concello de Cambados, entre eles o Faro de Vigo, quen alicerzándose en medios oficiais  din que
desapareceron os do proceso de selección de 2007, que se abortou despois de que algunha xente xa pagase as taxas públicas por participar no mesmo; ou o do rexistro dixital de entradas e saídas dos traballadores.
Dáse a circunstancia de que esta documentación xa a solicitaron PSOE e BNG en numerosas ocasións, sen éxito, e que o Concello admitiu finalmente no xulgado que se perdeu.
Pero non é a única, posto que os novos responsables do goberno cambadés tamén botaron en falta algún expediente de obras particulares, "algunhas delas delicadas", declarou Víctor Caamaño. O tenente de alcalde dixo así mesmo, sobre o proceso de selección de persoal de 2007 que "é un asunto que intentaremos arranxar nós".
Finalmente, o goberno de Fátima Abal quéixase de que os papeis que se van incorporando aos expedientes están paxinados, o cal pode dar lugar á picaresca. "Si falta algo dun deles non se pode demostrar que falta", remachou Caamaño.
CATRO PCs, UNHA CÁMARA DE FOTOS E  VARIOS TELÉFONOS MÓBILES SUBTRAÍDOS POLOS NOVOS “PROFETAS DAS REDES”
Catro PCs con información valiosísima e secreta desapareceron do Concello de Cambados, segundo informaron fontes solventes, así como unha cámara de fotos
que usaba certo personaxe que escribe en certo blog anónimo, e que da leccións de moralidade,  e  varios teléfonos móbiles que utilizaba certo persoal que tamén agora escribe neses medios bazofia.
A dar leccións de moralidade a cárcere da Lama, “quinques” de pluma anónima, devolvede aos cambadeses as súas propiedades, non estades capacitados para falar e criticar a ninguén, mentres non devolvades o que lle roubachedes ao concello de Cambados.

Ningún comentario: