9 de xul. de 2015

O NOVO GOBERNO PROPÓN COMO CABALEIRO A JUAN CARLOS ESCOTET, VICEPRESIDENTE DE ABANCA., SEGUNDO DIARIO DE AROUSA.

Escotet (Efe)
ABANCA VEN DE ASINAR UN CONVENIO PARA REMATAR COS DESAFIUZAMENTOS NA GALICIA.
O GOBERNO DE CAMBADOS, OFICIALMENTE NON PROPUXO A NINGUÉN .
Está claro que o novo goberno de Cambados, ten unha forma moi distinta de actuar  o de Luís Aragunde en materia de proposición  de cabaleiros segundo informou Diario de Arousa, desaparecen os enchufismos políticos e aparecen os méritos e así,  xa é coñecido que un dos cabaleiros deste ano vai ser Juan Carlos
Escotet insistimos segundo informa o citado diario, vicepresidente de Abanca, quen ven de asinar un convenio polo que  as familias afectadas por execucións hipotecarias de Abanca non terán que abandonar a súa vivenda si pagan un aluguer social que non excederá os 75 euros ao mes. Este foi un dos compromisos asumidos antes de onte pola principal entidade financeira de Galicia, segundo informa La Opinión de A Coruña. Ate de agora, oficialmente o goberno de Cambados non propuxo a ningúen para tal nomeamento ao Capitulo Serenisimo.

Este acordo marca o inicio da erradicación dos desafiuzamentos. O vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reivindicou "a sensibilidade" da súa entidade para cos desafiuzados e detallou medidas anteriores xa postas en marcha polo banco galego para reducir os casos. "Non somos indiferentes ao drama social que supón, pero tamén un desafiuzamento”.

Outra das  persoas que que pode ser ou debe ser proposta dona do
Fatima Abal  (Diario de Pontevedra)
Albariño e a Alcaldesa de Cambados Fatima Abal, non en vano o Alcalde da vila exerce de Copeiro Maior, neste caso Copeira Maior pois os estatutos do Capitulo Serenísimo converten a alcaldesa de Cambados automaticamente en posuidora deste cargo, e polo tanto Dona do Albariño. O Gran Mestre é o Presidente da Xunta, que durante a época do bipartido incumpríanse os estatutos,  o Comendador é o presidente do Consello Regulador e o Secretario é Pedro Piñeiro de Vilagarcía.


Xoan Antonio.
Doutra banda o único alcalde da democracia que non é Cabaleiro do Albariño  e o mellor alcalde da vila de todos os tempos Xoan Antonio Pillado, cónstanos que o executivo fixo esforzos ímprobos para propoñelo, o propio Xoán Antonio  dixo que non era o intre de facelo, a modestía de Xoan Antonio non ten límite.

Ningún comentario: