POR DEBER, ATA SE DEBEN FACTURAS DO XANTAR DO ALBARIÑO DO ANO PASADO.
DESTINOU PARTIDAS CON "FINS ELECTORAIS"
DESTINOU PARTIDAS CON "FINS ELECTORAIS"
SUPERAVIT FICTICIO E 1.000 EUROS E DÉFICIT EN CULTURA, SEGUNDO AS CONTAS DO NOVO GOBERNO DE CAMBADOS.
Situación económica delicada no Concello de Cambados.
Situación económica delicada no Concello de Cambados.
O novo equipo de goberno asegura, tras realizar o estudo contable, que a situación económica do municipio non é tan
boa como aseguraba o anterior executivo.
![]() |
Aragunde "non estaba" ben cando decia que Cambados era un concello perita. |
I é que, segundo o novo grupo de goberno, o superavit de 500.000 euros co que contaba o Concello, non é real debido ás debedas que dúas empresas en concurso de acreedores teñen coa administración e será moi dificil recuperar eses cartos.
Segundo o novo grupo de goberno, en tan só os primeiros meses de este ano, o anterior mandato de Luis Aragunde gastou todo o orzamento destinado a cultura.
![]() |
Os billetes dos que presumia Aragunde, ou "esfumaronse" ou eran de Monopoly |
Das cifras que manexa o novo goberno despréndese que, por algunhas das áreas, da partida de 30.000 euros destinada ó mantemento de centros escolares, só quedan 1.386 euros.
Para actividades de ocio e tempo libre, dun crédito de 17.000 euros tan só se dispón de 4.826 euros. E para o mantemento de instalacións deportivas, de 28.000 euros quedan
-10.556 euros.
En canto ó orzamento de 317.000 euros para festexos, en catro meses gastáronse 135.000 euros, co que, segundo o
cuatripartito, este ano a festa do Albariño tera que organizarse con 100.000 euros menos que nos anteriores anos.
![]() |
O concello "perita" de Aragunde era un concello "SIN PERRITA". |
A nova administración municipal amosase moi sorprendida con esta situación, que, aseguran, non deixa de empeorar xa que aínda esta semana estan chegando as facturas sen pagar do Xantar do Albariño do ano pasado.
Entende o cuatripartito que o modelo de xestión de Luis Aragunde foi un perigo para a economía do concello, destinou partidas nos últimos meses con fins electorais, e esta obrigando ó novo executivo a paralizar as actividades do municipio.
Son cifras que desvelaron esta mañá en rolda de prensa os Concelleiros de Economía e Cultura, Xurxo Charlín e Victor Caamaño, que recolleron en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
NOVA E FOTO RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES
Ningún comentario:
Publicar un comentario