2 de xul. de 2015

O GRUPO CAMBADÉS “THE SHARKNADOS” NO DÉCIMO SEXTO ANIVERIO DO PUB RIF

TAMÉN ESTARÁ O GRUPO  LITTLE JUICE
En xullo do 2015 o Rif-Rock cumpre 16 anos. Dende aquel 2 de xullo de 1999 no que abriron as súas  portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que teñen preparado, todo concentrado nun
mesmo fin de semana. Será o Venres 10 e o Sábado 11 de Xullo, e coma sempre, cun par de propostas en directo. Igual
que nos últimos anos seguen coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra das que xa consideran da casa. E logo a música seguirá dende a cabina:

Venres 10 xullo 2015:
LITTLE JUICE en directo dende
as 23:45h.
Son un quinteto de breve traxectoria formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do seu escenario Isidro Dozo ó baixo. 
Dende a súa formación no 2014, o grupo naceu coa vocación de disfrutar da interpretación de versións de blues, soul e rock clásico, todo
marcado pola voz densa de Irene, pero foi derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop. A estrea en directo ven da man do Rif-Rock, mesturando temas propios e versións máis que recoñecibles dende Ottis Redding e Peggy Lee, ata Cream, Police ou Radiohead, con un formato soft, adaptado ás características do local. 

E para continua-la noite, dous fixos da súa cabina: Marinocha & Comomepos, dúas máquinas de picar discos, que farán, coma sempre, o que lles pete!

Sábado 11 xullo 2015: 
THE SHARKNADOOS en directo dende as 23:45h.
Estes xa precisan de menos presentacións. 
The Sharknadoos son Andrea Area (voz), David Falcón (guitarra), Rubén Iglesias (baixo) e Jesús Caramés (percusión).
Estreáronse no Rif-Rock de xeito informal no nadal do 2013, e dende aquela xa os visitaron
un par de veces máis, crecendo no seu formato, e sobre todo como banda, ampliando os seus rexistros de rhytm'n'blues, soul, blues e rock, e converténdose seguramente na banda coa axenda máis completa da comarca. 
Unha base rítimica impecable que acompaña a potente voz
de Andrea, para unha posta escea tan sinxela coma potente e efectiva, aínda que veñan no seu formato acústico. 

E ata o final da noite seguirán coa sesión de PauPau-a-GoGó!, que volve á nosa cabina despois da súa visita en marzo no ciclo Où Sont les Femmes?: Garage, surf, beat, yeyé, psych, 60s. Festaza asegurada!!

Dúas noites tremendas. Non vo-lo perdades!!

Ningún comentario: