3 de xul. de 2015

ÉXITO ROTUNDO DO GRUPO DE GOBERNO DE CAMBADOS NO CONCURSO DE CARTEIS: ¡¡¡80 CARTEIS PARTICIPAN NO CONCURSO!!!

UNHA DAS  "GARGANTAS PROFUNDAS" DO CONCELLO DE CAMBADOS, XA ESTÁ DESVELADA, GRAZAS A ESTE CONCURSO.
Éxito sen precedentes do grupo de goberno de
Cambados no concurso de carteis do Albariño  2015, non se presentou un cartel, nin dous , nin tres... senón ate 80 carteis
participan no concurso, que maña sábado as 13.30 horas daranse a coñecer no  Salón de Plenos do Concello de Cambados. 80 obras a cada cal mellor que están gardadas como ouro en pano,  ata que maña, como diciamos, a prensa en xeral e cidadáns de Cambados en particular  poidan velos  e  escoller así a un dos mellores carteis do albariño de todos os tempos.
Por certo "Ines Vidal" que aparece aprobando a nova,  é un perfil falso que usa un tal Alberto, xefe dos cachorros das jaivotas e que se atreveu a pedir a dimisión dun suplente da lista do PSOE, por machista o "insultala" . ¡¡¡Hai que ter cara!!!.


UNHA DAS  GARGANTAS PROFUNDAS DO CONCELLO DE CAMBADOS, XA ESTÁ DESVELADA.
Grazas a este concurso de carteis unha das gargantas profundas do concello, empregada municipal ela,  e que  é unha das que pasa información a páxina homófona,  fascista, xenófoba da
extrema dereita cambadesa, quedou desvelada. A historia é como segue:  Unha persoa do concello  diante de outra,  a presencia da empregada en cuestión, empregada que é como unha pedra preciosa, porción de mineral que pola súa dureza, beleza e escaseza empregase tallada como adorno,  dixo “que magoa de concurso só se
presentou un cartel”. Non pasaron nin cinco minutos e esta información xa estaba colgada na páxina de facebook da extrema dereita cambadesa. O que é mais paradóxico e incrible que a mesma información aparecera nun periódico tan “serio” como a “A Voz de Galicia”, ollo non queremos dicir con isto que este medio recibirá a información da “pedra preciosa”, todo o contrario, teñen grandes “profesionais” para
buscala e para nada este medio está “relacionado” coa citada páxina de “facebook”. Nada máis lonxe da realidade.(pregamos non vos riades ao ler este derradeiro parágrafo).
A empregada municipal en cuestión quedou o descuberto e agora o grupo de goberno xa sabe quen é unha das que larga información a páxina dos fachas, ollo hai mais xente que traballa "no" ou "para" o concello que  colabora con dita páxina, e que serán descubertos pouco a pouco. No momento que a  “collen na hallada” había xa máis de 20 carteis presentados a concurso. O cal amosa como minten estes sinvergoñas.






Ningún comentario: