7 de xul. de 2015

OS “DANZANTES DE COBAS” RECIBIRAN MERECIDAMENTE MAÑA O PREMIO DA DEPUTACIÓN “CESAR DIOS DIOSIÑO”

Dentro dos Premios Provinciais á Cultura, que se entregan mañá mércores, un dos premiados co Premio “César Dios Diosiño” é a Asociación Cultural Danza de Arcos,pola conservación dunha danza ancestral que
algúns autores sitúan no século XV ou XVI e é bailada por homes.
É única e responde a unha tradición propia de Cobas (Meaño).
A Danza de Arcos de Cobas é a única de tradición secular e ligada ao mundo relixioso. Trátase dun baile masculino orixinario desta localidade meañesa e
que espertou o interese e a admiración de moitos, que a consideran un tesouro etnográfico saliniense. 
A promoción da Danza de Arcos de Cobas
, POR ENMANUEL JOVEN
Danza de Arcos de Cobas, ese é o nome oficial do que normalmente coñecemos polos danzantes de cobas, ou simplemente danzantes. Quen non os ten visto? no albariño, no San Bieito ou na Valvanera? Pois hoxe cobran
especial relevancia.
Hoxe, cando estaba na biblioteca co recén incorporado Luis Rei decateime dun monte de folletos. Cal foi a miña sorpresa cando vin que estes eran da Danza de Arcos de Cobas, á cal eu pertenzo dende hai algo mais de 3 anos. O certo é que
entrei dado que miña nai ten unha fixación especial por esta danza, colleulle moito cariño e cando conseguiu a oportunidade ofreceuma e aceptei de boa gana. Dende o último día do albariño, o domingo de peche no
que comecei a bailar ( xogando en casa ) non deixei de bailar cos meus compañeiros cos que fixen boas migas.
Agora, trala homenaxe que recibiu o veran pasado en Cambados, recibe unha nova homenaxe a modo de tríptico no que se recolle a historia, e a explicación desta
danza con fotos de distintas etapas. Patrocinado pola deputación de pontevedra, ben visible, os veciños contarán agora cunha pequena reseña e explicación mais clara, mellor ilustrada e que axudará a darlle a importancia que de verdade merece esta danza á que me adico e a que homes, e inclluso mulleres, levan dando vida dende fai
séculos.
Na actualidade, con normalmente 9 danzantes en escena, e algún no banquillo, somos os encargados de poñernos as btoas e seguir traballando como o veñen facendo todos aqueles que nos precederon e de darlle un pulo que supete a crise.

1 comentario:

MANUEL dixo...

Non hay palabras para decir o que se sente o ver Os danzantes de Covas, dende neno cada vez que os vexo póñeseme a pel de galiña. Felecidades por ser a tradición viva.