20 de ago. de 2015

50 ANOS DE SACERDOCIO EN CAMBADOS

JOSÉ ALDAO CUMPRE EN OUTUBRO MEDIO SÉCULO DE LUCES E SOMBRAS NA NOSA VILA.
Hoxe vemos na prensa que José Crespo  cura  en Corvillón cumpre 50 anos de sacerdocio,  tamén este ano en
Outubro outro cura tamén cumpre 50 anos na nosa vila e non outro que  José Aldao Rey, a sazón cura párroco de Cambados. 50 anos de luces e sombras que segundo quen o conte serán mais luces ou mais sombras, como todo na vida. Transcorría o ano 65 cando chega
a Cambados un mozo coadxutor recen saído do seminario, Liste, o párroco daquela, pedía un home que “cantara ben”, e abofé que lle mandaron un home cunha potente voz. Chegou a substituír a D. Joaquin J. Gomez Barros, que se marchaba para Adigna,  cando estaba dando os derradeiros
"coletazos" o edificio da Juventud Católica  e os seus mozos, que practicamente desapareceron da actividade na mesma a finais do anos 60, decrepitude que el non puido evitar porque era irremediable, resucitouna a
medias a principio dos anos 70 coa Juventud Tac, ata finais dos 70 en que volveu a desaparecer sendo o berce, moi a pesar de Aldao,  dunha seria de persoas  que foron santo e sinal na esquerda e no nacionalismo cambadés e que tamén fixeron historia en Cambados, e coido que non
fai falla dar nomes. Logo foi construído o auditorio onde Aldao ,ou a igrexa, negociou ben e gran parte do mesmo pese a ser reconstruído con cartos públicos segue a ser propiedade da igrexa nunha porcentaxe considerábel, a
verdade é que Tourís tampouco se esforzou moito a hora de negociar  coa Archidiocese de Santiago, o resultado é que gran parte do auditorio é propiedade da igrexa, e estamos no mesmo” case de prestado”.
Nos anos 80 repunta o contrabando e mais tarde o narcotráfico un tema espiñoso para a nosa vila no que Aldao sorteou como puido,  erguese publicamente  contra do narcotráfico, outra
cousa non podía nin debía facer. Politicamente falando non é que se pronunciara moito, sobre todo na ditadura, logo veu a democracia  e houbo oito anos de goberno nacionalista en Cambados onde o trato foi mais ou
menos correcto, aínda que non houbo participación canónica, presuntamente,  no que foi chamado golpe do estado do 86 (a invasión do concello), se houbo xente moi de igrexa que si participaron no mesmo e a famosa canción de Unha Grande Chea (comparsa que nunca foi santo da súa devoción e non nos estraña nada, aínda que militaran nela moitos dos seus “discípulos”) nos remitimos.
Logo veu o PP e o trato foi mais que cordial, a veces incluso parecía que había certa conivencia entre concello e igrexa.
Evidentemente Aldao, como o denomínanos algúns decantouse mais pola dereita que pola esquerda e dende certo punto parece normal, pero debeu de ser un pouco mais neutral nisto da política, sobre todo na derradeira etapa, pois afotunadamente non todos os fieis cambadeses son de dereitas.
En canto a súa actividade pastoral deixamos que  a xulguen quen a practican, ou sexa os seus fieis, pero tamén hai algún punto mais que discutíbel.
A veces rodease de xente que baixo o disfraz da relixión parecen boas persoas, pero non son precisamente un exemplo  para o resto dos cidadáns senón mais ben todo o contrario, pero de todo ten que haber na "viña do señor".
Estamos seguros  que moitos de vos tedes  a vosa propia versión sobre Aldao, anécdotas, curiosidades,  e de seguro que fariades un artigo moito mellor que este sobre  esta persona que inspira filias e fobias, pero queremos pensar tamén que o que fixera mal, se o fixo,  non fora con intención de facelo, en todo caso se algo mal houbo, que Deus llo perdoe, o que está claro que queiramos ou non é parte da historia viva de Cambados este home nado en Laracha e seguidor do Deportivo.

Ningún comentario: