20 de ago. de 2015

RITMOS ELECTRIZANTES E PEZAS CARGADAS DE ENERXÍA POSITIVA A CARGO DA POTENTE BANDA CUCHUFELLOS

XIRONSA AMOSANOS UN DOS MELLORES GRUPOS DE GALICIA, QUE FUSIONA ESTILOS ALLEOS COA NOSA CULTURA.
Cuchufellos e hoxe por un hoxe un dos mellores grupos de Galicia no seu estilo, unha banda con ritmos electrizantes e
pezas cargadas de enerxía positiva ,que transmiten nun directo explosivo,intenso,as veces imprevisible ,que non deixan a ninguen indiferente.
Fusion de ritmos e estilos alleos
,fundidos cos propios da nosa cultura dan como resultado un espectaculo
ritmico ,e nos espectadores bailes freneticos aos que poucos se poden resistir.
Mais de 500 concertos as costas ,todos eles convertidos en
festas,percorrendo cada recuncho do noso
pais.Teñen participado nos principais festivais da Galiza e alguns de outros paises.Reperkusion,Derrame
Rock,Revenidas,Millo verde,Antrospinos
,FIMI de Lisboa ,son alguns dos festivais nos que teñen participado.
En 2014 presentan o seu ultimo traballo ,Arreguizante ,co que foron nominados finalistas nos primeiros premios galegos da música.
COMPOÑENTES:  
Nacho   acordeon,percusion e voz o que queda tras a descomposición ou destruccion de untodo.refugallo resultante tras a
fabricacion,transformacion e utilizacion de composicions.
Marcos conde  bateria conxunto de fibras nerviosas ou "axones" (en ocasions dendridas) asociadas en fasciculos por medio de textido conxuntido
Darek Kokoskov  baixo exceso de tranquilidade ou falta de enerxia,especialmente cando hai motivos para apresurarse ou para inquedarse.
Davide  guitarra, cargo de última instancia,que ademais das atribucions impropias do cargo exerce outras antigubernativas ,antiadministrativas e antieconómicas
Baloira  gaita e voz persoeiro que pensa e compón en bravú,ben dotado das facultades necesarias para compoñelas.de cor chillón e extravagante,conflictivamente alegre.voz de ouveo e gaita de ouvido
Ruben  trompeta e voz conductividade da calor e da electricidade,brillo metalico,opacidade,maleavilidade e ductilidade, capacidade para determinar ou alterar a forma de pensar dun metal
Marcos Neda  saxo do que se adica a realizar acrobacias e exercicios de saltos e equilibrios diante do público.xeralmente en espectaculos ao ar libre ou de caracter popular.promotor de disturbios.
Andrés  voz, non presenta axitación,movemento ou ruido con estado de ánimo sereno e sosegado con ausencia de toda preocupación ou nerviosismo.
andrés de día , cacharro de noite
Roberto  saxo, capacidade fisica para incitar o movemento capaz de modificar o estado de animo,de repouso,ou movemento dun corpo.intensidade coa que manifesta un todo.
Pacheco  saxo órgano carnoso formado por feixes de fibras contráctiles formando órganos anatómicamente activos para a locomoción (entre outras cousas)
Todo un espectáculo.

Ningún comentario: