24 de ago. de 2015

OPINIÓN: MERCADO LIBRE.

UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
Estes dias nos medios de comunicación vemos como o sector do leite clama o ceo en demanda de axudas para paliar as perdidas que ocasionan os baixos prezos que as industrias pagan por este produto.
Ante a falta de acordos, solicitan as partes a
mediación do goberno para intentar cumprir a lei, e a lei di que non se pode vender un produto por debaixo do seu prezo de custo.Sen embargo como sempre a política ponse
do lado do capital, e din que eles non poder intervir nos prezos, por que poden ser sancionados polo tribunal da competencia da comunidade Europea, e manifestan que as explotacións teñen que adecuar os custos para ser rendibles nun MERCADO LIBRE, onde a oferta i a demanda xogan o seu papel de libre comercio. "Os labregos dende a noite dos tempos, sempre foron
rendibles e foron quen de producir alimentos para o mundo", o que nunca foi rendible foron as mafias que explotaron e se fixéronse donos do seu traballo.
A redutibilidade mídese en termos políticos, de non ser así como se explica que a Banca fose rescatada con miles de millóns de €uros, como e posible que os nosos políticos teñan o pais endebedado en mais de un Billón de €uros , como e posible que o AVE esgote mais do 80% dos recursos do ministerio de Fomento??. Esta claro que a redutibilidade e cuestión de
política, e obedece sempre a estratexias moi ben calculadas para dividir a calquer sector produtor.
Como exemplo cabe destacar a política das "cotas de produción",clara estratexia de asfixia os sectores produtivos, primeiro impoñen unha cota para producir, provocando a desaparición do mercado de miles de pequenas explotacións, e provocando o endebedamento económico das mais rendibles, para logo liberalizar as cotas e que sexan os grandes capitais quen fundan o sector con unha guerra de prezos onde de ante man saben que van a gañar. Menos mal que os irmandiños e a guerra de guerrillas tamén poden lograr grandes batallas, pero non esta fácil, todo e cuestión de políticas.
RICARDO LÓPEZ COSTA

1 comentario:

MANUEL dixo...

A oferta e a demanda está controlada por os grandes capitales, este artigo en poucas verbas describe unha realidade vergoñenta...¿Quen nos goberna?...Todas as imposicións que viñeron de fora o único que cnseguiron foi afundir cantidade de empresas que eran o sostén dunha economía "coherente", ligada o esforzo e cunhas reglas de xogo que nada tiñan que ver cas impostas dende países os que lle importan sete carallos que morramos de fame. O sector produtivo é o corazón dun PAÍS, aquí quedamos sen vacas, sen barcos, sen fábricas,...sen traballo, pero ollo que o problema está en China, na súa economía, en Grecia, no seu corralito, nos países arabes, cos precios do crudo...¿De verdade merecemos que catro se atiborren de cartos mentras a maioría morren de fame? ¿non estamos cansados de tantos chourizos e saqueadores que campan as súas anchas e vemos como o que non ten cartos vai dereito a trena por non ter un pouco de diñeiro para poder acudir a Xustiza? Si esto é EUROPA eu non a quero, estou canso de que mexen por mín e teña que decir que chove.