18 de ago. de 2015

A ÚNICA PRAIA URBANA ACCESIBLE DE SANXENXO INACCESIBLE! DENUNCIA SOS PANADEIRA.

A Plataforma SOS PANADEIRA tras múltiples denuncias, postas en coñecemento e en valor quere comunicar que en Sanxenxo a única praia urbana  accesible autonomamente as necesidades especiais motóricas,
non resulta accesible para ningún cidadán por decreto do RCNS que unha e outra vez se apropia do espazo público e
da súa filantropía coa " vela adaptada".
Señores do Club Náutico os dereitos en España adquírense por ser cidadáns e estar ao corrente de impostos, a liñaxe é cousa doutro tempo.
Quizais poidan e queiran atorar
ramplas para que o uso da praia Iriña -o seu desuso para vostedes- caia e dese modo chamala calquera cousa que as súas mentes crematísticas pergeñen. Non deberían oprimir os cidadáns honrados pero se este é o seu "modus operandi", persistan que pronto emerxerá do "Río" unha placa de bronce para
agradecerlles o seu bo labor.
Poñen en coñecemento, dende SOS PANDEIRA,  de todos aqueles que sintan as praia como un ben público e inalienable que tras moitos e moitos apercibimentos o RCNS non cella nas súas prácticas caciquiles abandonando embarcacións
destruídas a xeito de despezamento en zonas de paso.
Recordan que a "q" do Puerto Sanxenxo se converteu en "páx." de punto limpo. E ven só se ha de poñer no espello.
Tras máis de dous anos de resiliente loita e soportar "tempestades de sal" recordan que J.J. Durán non tivo espazo na súa axenda,




Ningún comentario: