18 de ago. de 2015

HAI MÁIS FORMAS DE GOBERNAR QUE O “ORDENO Y MANDO” COMO FACIA LUIS ARAGUNDE

O GOBERNO DE CAMBADOS CONVOCA ÓS AFECTADOS POLO TRAZADO DA SENDA DO LITORAL.
O goberno local de Cambados convoca ós veciños afectados polo trazado da senda do litoral proxectado polo Ministerio de Medio Ambiente a unha reunión informativa
que terá lugar este martes 18 de agosto na Casa de Cultura de Castrelo ás 20.30 horas.
A finalidade do encontro é asesorarlles sobre a afectación que terá o trazado sobre as súas propiedades.
O proxecto deseñado por Medio Ambiente pretende a apertura dunha senda litoral que decorra paralela á desembocadura do Río Umia, no tramo comprendido entre “punta Bico da Rá” (fronte á empresa Aquacría) rematando en “punta Arfolín” (próximo ao observatorio de aves sito no lugar de Quintáns).
O trazado engloba actuacións no espazo natural do Complexo Intermareal de Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e a Lagoa de Bodeira afectando a unha superficie total de 3.700 hectáreas e emprazado entre varios
Concellos: Cambados, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Illa de Arousa.
O pasado ano, rematáronse parcialmente os traballos pero queda pendente un tramo de 900 mts. que afecta a unha pequena enseada próxima ao observatorio de aves no lugar de Quintáns, en Castrelo.
A tal efecto, dí o Concello, "resulta do interese deste Grupo de Goberno ter unha charla informativa coas/cos veciñas/os que posúen propiedades polos cales se pretende que transcorra o futuro tramo da senda litoral"
Nova recolida de Arousa si Radio Salnés.

Ningún comentario: