18 de ago. de 2015

XIRONSA PRESENTA O SEU FESTIVAL A PRENSA

A ASOCIACIÓN ESTREA “COMEDOR” , POR PRIMEIRA VEZ, VAISE FACER UN PALCO SOBRE O MAR,  E UNHA ACAMPADA GRATUÍTA
VICTOR CAAMAÑO E XURXO CHARLIN, CONCELLEIROS DE CULTURA E ECONOMÍA “PADRIÑOS” DO EVENTO.
Hoxe as doce e media foi presentado en rolda de prensa o XV Festival de Xironsa que se vai celebrar no campo da Seca de
Corvillón, os vindeiros 28 e 29 de Agosto, un festival ambicioso que este ano vai ter como novidades mais importantes o  estreo dun "comedor" , dun palco sobre o mar e unha acampada gratuíta. Liso González,
presidente da Asociación cultural Corvillón (XIRONSA), ten o total apoio do actual grupo de goberno e na rolda de prensa estivo apoiado por Victor Caamaño Concelleiro de Cultura e por  Xurxo Charlin Concelleiro o home forte en  Economía do actual goberno, tamén estivo presente o directivo e expresidente da Asociación Alejandro Carro. Empezou a rolda de prensa  precisamente Xurxo Charlin, quen  dixo que este festival é necesario para Cambados e que o concello tiña que facer o
esforzo económico necesario para que  fora mellor, logo falou o presidente de Xironsa, Liso González, que relatou o festival polo miúdo do que dixo que musicalmente é do melloriño que hai pola zona sobre música tradicional e sobre música galega, destacando tamén as tres novidades deste ano, o “comedor, o palco sobre o mar e a acampada gratuíta. Rematou o
acto o concelleiro de Cultura Víctor Caamaño, quen tamén destacou a importancia do festival , que o concello para o ano vaino apoiar moito mais e importancia de Xironsa e a importancia de que as parroquias cambadesas tamén conten con actividades e que non todas se desenrolen
no centro.
Un dos actos mais significativo é o xantar de confraternidade do día 29, e ao parecer a venta de entradas vai mellor co ano pasado. Hai que apurarse a recoller a invitación.

Ningún comentario: