16 de ago. de 2015

A ALTO CUSTO E AS ARCAS BALDEIRAS DEIXADAS POR ARAGUNDE, CAUSAS, ENTRE OUTRAS DA SUSPENSIÓN DA MARALBA 2015.

Definitivamente procedeuse a suspensión da II Edición de Maralba, proba atlética,  que este ano tiña como saída Cambados e como chegada O Grove, a media maratón  entre a vila do Albariño e a vila meca, segundo fontes
ben informadas.  O custo da proba sobrepasa ao parecer os 34.000 euros dos cales ten que poñer cada concello a
metade, ignoramos a circunstancias económicas do Concello de O Grove pero parecen ser similares as de Cambados, quexa como se dixo en outras ocasións  as arcas baldeiras deixadas polo anterior alcalde Luís Aragunde, fai que o novo goberno cambadés trate de empregar os poucos
cartos que deixou o PP para outros cousas moito mais urxentes e beneficiosas e urxentes para os cidadáns de Cambados, tales como becas e libros para os Cambadeses menos podentes. Fontes solventes nos participan que case seguro que para o ano 2016 retomarase novamente a proba, xa con mais tempo e con outro orzamento. Este ano  o concello de Cambados xa celebrou duas probas moi importantes dentro do calenterio atlético a VI edición da proba atlética cambadesa e a milla do albariño recén levada a cabo e que xa lle supuxo ao goberno do concello de Cambados un considerable esforzo económico.

Ningún comentario: