16 de ago. de 2015

MÁIS TURISTAS QUE O ANO PASADO EN CAMBADOS E O GROVE.

Os datos de Turismo Rías Baixas confirman un importante aumento de turistas nas Rías Baixas con respecto ó ano pasado.
Concretamente, en Cambados case
16.000 persoas visitaron a vila do albariño ata o pasado mes de xullo, 5.000 máis que en 2014.
Ademáis este ano tamén se reflexa un aumento da idade media, xa que os visitantes son fundamentalmente maiores de 60 anos (40%) e procedentes do territorio nacional (83%), mentres que no 2014, a meirande parte
dos turistas que visitaron Cambados tiñan entre 18 e 35 anos.
O 68,8% dos turistas non coñecía Cambados, alóxanse en hoteis (62,35%) e chegan á cidade en coche (48,04%) e en autobús (41,27%) . 
En canto ás cuestións que motivan a súa visita a Cambados atópanse o patrimonio cultural (67,67%), a natureza e gastronomía. 
Con respecto a O Grove, recibiu durante o ano 2015 3.000 persoas máis que durante todo o ano 2014. En total, 17.080 turistas pasaron pola oficina de turismo de O Grove.
Teñen idades comprendidas entre os 35
e 60 anos (50%) e procedentes do territorio nacional (80%). 
O 77,91% dos turistas non coñecía O Grove, alóxanse en hoteis (58,89%) e chegan á cidade en coche (82,82%) e en autobús (8,49%) . 
En canto ás cuestións que motivan a visita a O Grove atópanse a natureza (74,17%), o patrimonio cultural e a gastronomía.
Nova recollida de Aroisa Si Radio Salnes.
Fotos Diario de Arousa e Faro de Vigo.

Ningún comentario: