19 de ago. de 2015

ACCIDENTE GRAVE NO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO.

Segundo nos contan fontes solventes, hoxe a tarde producese un accidente no porto deportivo de Sanxenxo, consistente na exploxión dun motor dun iate, co resultado de danos e feridos. E todo que sebemos polo de agora, seguramente nas vindeiras horas  estaredes xa informados por outros medios, a nos acabannos
de pasar as fotos e a información.
AROUSA SI RADIO SALNES ACABA DE COLGAR MAIS INFORMACION NO SE FACEBOOK:
CINCO FERIDOS, UN DELES CON QUEIMADURAS GRAVES, NA EXPLOSIÓN DUNHA EMBARCACIÓN DEPORTIVA EN SANXENXO.

Cinco persoas resultaron feridas, unha delas grave, no incendio dunha embarcación deportiva rexistrado esta tarde no porto Juan Carlos I de Sanxenxo.
A persoa con queimaduras graves foi trasladada nun helicóptero de emerxencias ó Complexo Hospitalario de Coruña, mentres que os demáis feridos foron derivados en ambulancia ó Hospital Montecelo de Pontevedra.

A embarcación estaba repostando combustible no momento en que se produciu a explosión

Segundo as infornacións do grupo de Emerxencias de Sanxenxo, foi persoal de mariñeiría de Nauta Sanxenxo o que conseguiu extinguir as lapas sobre as 18 horas.
Ata a zona tamén se desplazou un amplo operativo de emerxencias e forzas de seguridade, con tres ambulancias do 061, a Policía Local, a Gardia Civil e os bombeiros de Sanxenxo e do Salnés.

Segundo as primeiras informacións, a embarcación incendiada pertence a un veciño de Bueu, de onde tamén son varios dos feridos.

Ningún comentario: