19 de ago. de 2015

ANOVA DIRECTIVA DA PASTORA DEBUTA ESTE FIN DE SEMANA

O SABADO ESPERAN ENCHAR O MONTE DE XENTE.
Este fin de semana en Cambados, aparte da feria artesanal, temos tamén a Festa da Pastora. A nova directiva dirixida por Manolo Carballa  ten o listón
ben alto deixada pola directiva presidida por Marisa, pero van poñer toda a súa vontade en que a festa renaza con
folgos despois de non celebrarse o ano pasado por culpa do ex alcalde Luis Aragunde.
Así o día 22 de Agosto  as dez da noite terá lugar a VIII Queimada no Monte da pastora e con música para todos os asistentes con dous grupo verdadeiramente bos como  son Los CaciKes  e a Banda de
Nash, dous grupos totalmente contrastados e sinónimo de éxito.
Xa o día grande, o día 23 de Agosto pola maña Alborada co grupo de gaitas os archicoñecedos Os Carballeiras de Vilariño e da asociación Volandeira de Cambados, acompañados pola Banda de Música Agrupación Músico cultural de Ribadumia.  Despois continuaran os actos relixiosos e as 21.30 horas  verbena amenanizada pola orquestra Solara e o Trio Digital. Sorte a nova directiva.



Ningún comentario: