10 de ago. de 2015

ALBARIÑO SE ESCRIBE CON b DE BURRO.

(DE BENI POMARES PARA LUIS REI)
Trato de poñer orde a cantidade de fermosos recordos que asocio a tua persona Luís, e ,de súpeto sinto un terrible canguelo o darme conta de que calquera cousa que escriba, por
moito cariño que poña nelo , nunca vai estar á altura da raza e da calidade do máis insignificante dos panfletos que ti tes escrito.
Está sensación non é nova para min, recordo os tres meses que estiven baixo o teu “reghaso” na Casa da Cultura (na Nosa;a da Rua Nova), alí permitiches que eu compartira contigho  o meu traballo fin de carreira, recordo o insignificante que eu me sentía ao teu carón (esa forte personalidade de Meco cabronaso, esa terrible facilidade para buscar e interpretar documentación, esa cultura inmensa, esa aguda e ácida retranca…. E un longo etcétera…)
Neses tres meses contigho fixechesme sentir un verdadeiro profesional (endexamáis voltei ter esa sensación) , probablemente , a única vez que  desfrutei do meu traballo …Agora bromeo e  versiono a  Castelao dicindo que estudei Historia por amor a xente coma ti e non exercín por amor a humanidade.
Contigho se  vai unha pequena parte da miña adolescencia e mocidade,miles de anécdotas me veñen á memoria e fan que esboce un pequeño sorriso …. Estou  jodido, ben jodido, non sabía da tua enfermidade, doutro xeito, non me extraña …..Ti eres deses que son quén de estar ali; ALI ONDE NINGÚN DO RESTO SE ATREVE.
Temos moita sorte de terte coñecido, grazas de corazón Luís, e ogallá hoxe este non foras ti.
Por último , darche novamente as grazas por gardar con tanto cariño o noso traballo, pendente me queda publicalo e sabes que eu sei tan ben coma ti que albariño se escribe con B de burro.
Adiós.
BENI POMARES

Ningún comentario: