10 de ago. de 2015

OS NENOS DASFAMILIAS MAIS DESFAVORECIDAS DE CAMBADOS TERÁN ACCESO A LIBROS DE TEXTO GRATIIS

(Foto: La Voz de Galicia)
CAMBADOS RESERVA 12.000 EUROS PARA AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016.
O Concello de Cambados reserva este ano 12.000 euros para a concesión de axudas municipais destinadas á adquisición de libros de texto e material escolar para o curso que comezará o vindeiro setembro.
Poderán optar ás mesmas os alumnos de centros docentes públicos, non concertados, de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados.
As axudas van dirixidas a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.
(Foto: La Voz de Galicia)
O importe máximo da axuda será de 120 euros para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. 
As solicitudes para tomar parte no concurso deberán presentarse no Rexistro do Concello de Cambados en horario de maña (de 8:30 a 14:30 horas), no prazo dos trinta días seguintes naturais, contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOP.
Máis información na web municipal www.cambados.es

Ningún comentario: