9 de ago. de 2015

COLLESE MAIS PRONTO A UN TRAMPÓN QUE A UN COXO.

ARAGUNDE FOI “DE GORRA” AO XANTAR DO ALBARIÑO .
Nos non quixeramos cargar novamente contra certa clase de prensa, sobre todo certa periodista cambadesa ,  que os “seus
políticos” perderon a Alcaldía e non fai mais que“enlodar a auga”. Como se pode dicir nun medio de prensa
medianamente  obxectivo que Luís Aragunde “proba que pagou” a comida cun recibo no que non aparece o nome del  para nada. A periodista en cuestión aínda non dixeriu como os seus “compañeiros” do PP perderon a Alcaldía en Cambados e fáixelle mais costa arriba cada día. 
O único que proba o recibo que aportou Luís Aragunde é que
un tal Antonio Iglesias Pombo, a sazón concelleiro do Partido Popular mercou, presuntamente, 10 invitacións para acudir ao xantar e , non se sabe con cartos, presuntamente, con cartos do Partido Popular de Cambados (a elas ivan dirixidas as invitacións), o cal quere dicir claramente que os oito concelleiros populares de Cambados, foron, presuntamente, tamén de “moca” ao xantar e a maiores dúas persoas mais invitados polo propio partido cuxa identidade descoñecemos, nin nos importa
saber.
Información participada a este blog por fontes totalmente solventes sinalan:
1º.- Que todos os periodistas debidamente acreditados foron invitados ao xantar do Albariño, e eles poden dar  fe desta circunstancia.
2º.- A persoa que se refire Luís Aragunde como a que lle dou a invitación estaba acreditada e como tal tamén foi invitada ao xantar.
3º.- Se Aragunde agasallou cunha algunha invitación  a algún periodista, este non estaba acreditado e fontes solventes participan a este blog que o periodista en cuestión veu cun amigo que non estaba a acreditado e probabelmente foi a este a quen Aragunde lle
deu unha invitación das mercadas  polos populares, pero nunca mercada polo propio Aragunde, porque el non mercou ningunha invitación.
4º.- De todos xeitos este amigo deste periodista, ao parecer tamén xornalista si en vez de dirixirse ao xefe da oposición se dirixira  a protocolo do concello,acreditariano  e facilitaríanlle gustosamente unha invitación.
5º.- A persoa que colga o “recibi” en “Cambados Noticias” e arma o “revuelo” neste portal, a sabendas de que era mentira, é unha persoa colocada a dedo por Luís Aragunde no concello de Cambados na anterior lexislatura.
Estes, pagaron todos.
6º.- Houbo un ex alcalde que foi invitado, rexeitou a invitación e pagou igual o xantar, pero este non era un alcalde calquera foi o mellor alcalde de Cambados.
CONCLUSIÓN: Luís Aragunde non mercou ningunha invitación para acudir ao xantar do Albariño e foi “de gorra” ao mesmo, en todo caso, este blog, como lle corresponde,  proba  que as invitacións foron mercadas para o PP por Antonio Iglesias , ignorándose a procedencia dos cartos pero nunca de Luís Aragunde. Algúns medios e sobre todo algunha periodista debía de deixar no seu medio  de facer política encontra do actual goberno e dedicarse a informar,  que debería ser o seu traballo.

Ningún comentario: