15/12/2015

1º Debate das Eleccións Xerais con representantes das xuventudes cambadesas

O vindeiro venres 18 de decembro terá lugar en Exposalnés un debate entre representantes das xuventudes de diferentes partidos cambadeses con representación no concello e que teñen unha agrupación ou unha coalición que se presenta de cara as eleccións xerais. O debate estará promovido polas Xuventudes Socialistas de Cambados e a organizadora, dende o primeiro momento foi Bárbara Abal Valle.





Parece totalmente confirmada a participación de tódolos grupos que conforman o arco político cambadés, agás aquelas que non se pronunciaron en favor de ningunha formación ou coalición de cara estas decisivas eleccións xerais. Así contarán coa participación das xuventudes do partido socialista, do BNG, de Somos Cambados e do Partido Popular. Non desvelamos aínda os nomes dos participantes, xa que falta algún por confirmar. Por outra banda e ante a repercusión mediática que esta a ter a formación emerxente Ciudadanos, tamén tiveron a súa disposición unha invitación, pero finalmente rexeitarona, facendo boa a táctica que están a levar a cabo nesta campaña de agochar a tódolos aqueles candidatos/militantes que non sexan os da cúpula.

Ningún comentario: