16 de dec. de 2015

1º DEBATE XOVEN ELECCIÓNS XERAIS

Xa contamos coas primeiras confirmacións de cara o primeiro debate pola xuventude antes a unhas eleccións xerais en Cambados. Desta volta parece que contaremos con todas as formacións políticas do pobo que apostan por algunha formación de cara a estar decisivas eleccións xerais.

O debate que terá lugar este venres 18 as 20:00 horas contará con un moderador imparcial, neste caso tratase de Eduardo Apariz Díaz xornalista cambadés. Por parte das XSG de Cambados (PSOE) a participante no debate será Barbara Abal Valle que a súa vez foi a organizadora do evento. Por parte de de Galiza Nova (Nós Candidatura Galega) participará Miriam Fernández. Por parte de Somos Cambados (En Marea) debatirá o que aquí escribe, Xaquín Charlín Piñeiro. Por último por parte de Novas Xeracións de Cambados (PP) tiña intención de participar o seu presidente Alberto Serantes, pero o tratarse dun evento organizado esta mesma semana non lle é posible por motivos profesionais, esperamos que algún dos seus compañeiros de formación poida defender as políticas que o PP nos trae para a xuventude nesta nova convocatoria electoral.

Ningún comentario: