
Como ben dicía unha das primeiras canción que tocaron A
Roda: “Viva Galicia terra de homes e mulleres con bigote”. Papá, isto vai por
ti.
Moitos pensarán que facer unha festa por causa dunha
enfermidade é unha auténtica burrada e outros, que pasamos por duros momentos,
pensamos que o mellor e loitar con alegría e sorrisos deixando atrás todos os
males que xa de por si nos regala o mundo dándonos conta, así, que o tempo que temos
das nosas vidas debemos disfrutalo con quen nos quere e con alegría.

Ata non fai moito pouca xente de Cambados, por non dicir
ninguén, sabía o que era dita enfermidade pero nunca e tarde para saber o que é
e tampouco está demais. Agora todos, ou moitos de nós temos consciencia do que
significa porque xa o tiña claro o Neuropedriatra André Nascimento o cal
tivemos o previlexio de escoitar e o mesmo que nun principio lle preguntara a
Merchi se na presentación quería que explicase o que era o AME pero ela díxolle
que non, que aquí, toda Galicia sabía o que era.
Como xa digo, de ninguén é o mérito máis que de Merchi. Fixo
que unha morea de persoas nos xuntáramos na loita contra esa enfermidade a cal
dominamos AME (Atrofia Muscular Espinal) e nos sentísemos de algunha maneira
unidos a ela e arroupados por toda a xente que tiñamos o noso redor. Dende aquí
quéroche dar as grazas, por ter ese xesto ca nosa familia sobre todo con esa
persoa que tanto aprecio che tiña e por ser tan cercana a nós e concedernos ese
prestixio de deixar coñecerte, de verdade, grazas.
Por último quero destacar de todo o Xantar que Merchi doou
nada máis e nada menos que unha cantidade de 9.000 Euros para investigación da
enfermidade ó Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona. Cartos que foron
conseguidos por Merchi e a súa organización céntimo a céntimo con suor e
bágoas os cales dona con todo o seu cariño para seguir abrindo portas nesta
investigación.
A gala
estivo chea de sorpresas, grupos, artistas, felicidade e bágoas, moitas
bágoas. Podemos dicir que unha parte de Cambados tivemos a grandísima sorte
de disfrutar deste xantar o cal espero, Merchi, por favor, que se converta en
tradición.
MARIÑA CHARLÍN PIÑEIRO, Chonita pequena
Imaxes: Mariña Charlín Piñeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario