
Leda Atómica, a gran sorpresa no panorama musical cambadés no 2015 busca mediante o concurso de bandas da Escola de Imaxe e Son de Vigo facerse un nome no panorama musical galego. E é que coa súa posta en escea estes 5 cambadeses non deixan indiferente a ninguén. Unha mezcla de teatro, poesía, prosa e música que son capaces de poñer os pelos de galiña a calquera.

Así todos os cambadeses e cambadesas podedes votalos para que se planten na final deste concurso pincando aquí.
Se queredes coñecelos máis a fondo podedes consultar o seu perfil en Facebook, aínda que a recomendación dun servidor é que os vexades en directo e disfrutedes do espectáculo que dan Edu, Jose María, Antón, Xosé e Sergio. Teredes un petisquiño no concerto do Venres de Entroido en Brañas, onde ademáis de tocar algúns temas seus, tamén nos sorprenderán con unha versión de Unha Grade Chea.
Poñerlle solo un "pero", que dende A ti meu Cambados nos gustaría que utilizasen máis a miúdo nos seus temas a lingua da terra... O galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario