24 de xan. de 2016

Unha Chea de Entroidos pistoletazo de saída do entroido cambadés

Unha Chea de Entroidos, a homenaxe a Unha Grande Chea, será o acto inicial do Carnaval en Cambados e contará coa participación de moitos cambadeses e cambadesas, xa sexa a nivel de organización, actuación ou colaboración. Deste xeito convirtese nun gran acto colectivo e benéfico que ten como fins a homenaxe a comparsa máis importante que tivo o noso pobo, recordando con agarimo os que xa non están e especialmente a Chon. A recadación de fondos será destinada para a investigación do AME.





A homenaxe constará dun pasarrúas inicial a cargo de Olodum de Coio, Xironsa e Vendavalada. Este pasarrúas terá tres saídas diferentes: Xironsa sairá da praza de Fefiñáns, Olodum saírá da praza de Abastos e Vendavalada dende a Alameda de San Tomé. Os tres pasarrúas terminarán na praza de Alfredo Brañas onde cada agrupación tocará unhas pezas antes do comezo do acto as 21:30.



Como dicimos as 21:30 comezará un acto onde todos os participantes farán unha versión dalgún dos máis famosos temas da comparsa para logo tocar temas propios. Así, poderemos desfrutar dos temas que está lanzando co seu primeiro disco de estudio, Noite Fechada ou do bo momento que está a pasar Leda Atómica coa súa boa participación no EISV Music (votádeos picando aquí).

Por outra parte tamén teremos a oportunidade de ver en directo os veteranos Take it easy, lierados por Pablo Costa ou dos incipientes Cabanillas, outro dos proxectos músicais onde participan os fillos de Xaquín Xesteira.

Tamén teremos oportunidade de ver amigos da comparsa que se reúnen en diversos grupos para esta homenaxe tan especial. Nestes grupos reunidos teremos oportunidade de desfrutar de compoñentes de Jam Obsession e Sharknadoos en Dúas Grandes Recheas, dos Modelfuckers (Adrián Cores e Pepe Núñez Cacabelos) e de Luis o Loino cos seus amigos Nadal e Manolo participando baixo o nome Nin os Cans.

Finalizarase cos compoñentes de Unha Grande Chea tocando os seus "Gratest Hits" e cun gran final a cargo de tódolos artistas que participaron, nun espectacular Esmajare.

Todo esto contará con un gran envoltorio Benéfico onde se recadarán cartos para a investigación do AME a través da venta de camisetas e CD`s conmemorativos do evento. Ademáis nesas datas estaremos na semana nacional de botarlle a lingua o AME e contaremos con un Photocall para que todos os asistentes poidan retratarse para a causa.

A temática do disfraz é libre, pero deberían predominar os disfraces dos que foron na comparsa (practicamente de todo), aínda que os organizadores nos gustaría que fosedes principalmente de Romanos e romanas. 

Engadir para rematar un moi especial agradecemento os locales e organizacións que colaboran para que esto se celebre, dun xeito moi agarimoso a corporación municipal cambadesa, que puxo todo da súa parte dende o primeiro momento que lle comentamos a idea para a súa posta en marcha.


Ningún comentario: