- Porque o merecen, despois de anos de traballar arreo en épocas históricas moi dificiles como a postguerra e o franquismo. Eles levantaron o país que hoxe temos. Déronnos cando non había nada e agora o goberno do PP ignóraos.
- Porque non lles regalamos nada, son os cartos que foron pagando ao longo da súa vida coa suor da súa fronte.
- Porque así o manda a Sacro Santa Constitución que di o rei que hai que cumprir.
- Porque diñeiro si hai: para Florentino, para gasto militar, para rescatar bancos e autopistas, para pensións vitalicias de ex-políticos, para pagar mordidas, para soldos de diputados, senadores, asesores, viaxes, dietas, coches oficiais de alta gama....
- Porque hoxe son eles e mañá seremos nós
- Porque se o Estado que nos exprime a impostos non é capaz de asegurarnos unha vellez digna, para que queremos o Estado?
Por todo isto e máis, NON FALTES Á MANIFESTACIÓN DE MAÑÁ!!!
EN CAMBADOS, DIANTE DO CONCELLO,
ÁS 12:30 HORAS
ÁS 12:30 HORAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario