27 de maio de 2018

ARAGUNDE, HIPÓCRITA.





Hoxe sae na prensa Aragunde. Un xulgado dálle a razón polo retraso na entrega das actas das xuntas de goberno e condena ao Concello de Cambados (é dicir a nós os veciños) a pagar as costas.

1- Aragunde é un hipócrita, porque gobernando el, fixo o mesmo. A oposición en 2014 tivo que recorrer por algo similar ao Valedor do Pobo. Pero nese caso era máis grave porque o motivo de que Aragunde non entregase a documentación foi "que non lle dou a gana"



2- Por que non se entregou agora a documentación en tempo? . Porque un empregado do Concello non cumpriu co seu traballo. E Aragunde sábeo. Non foi culpa do cuatripartito. Polo menos non de todos os membros do cuatripartito.

3- Non sei se sabedes que a praza de secretario do concello de Cambados pertencía a Alfonso Rueda, alto dirixente do goberno da Xunta de Galicia que polo tanto está en excedencia. Recentemente renunciou á praza pero Cambados segue sen ter un secretario titular e para cubrir esa praza ven persoal contratado que en algúns casos non se caracteriza pola súa eficiencia no traballo.

4-É culpa isto do goberno municipal? Non. Polo menos non de todo o goberno municipal. Hai unha encargada da área de xestión de persoal que alomenos podía haber feito algo para solucionar o problema. E debería saír a dar explicacións.

5- En todo caso, sabendo que a culpa deste retraso non era do goberno municipal, por que acode Aragunde ao xulgado? el sabía que antes ou despois esa documentación se lle vai entregar. De feito xa se fixo fai un mes. VER FARO DE VIGO 4-4-2018. Xa hai un novo secretario municipal, o goberno municipal non lle renovou o contrato ao anterior por non cumprir co seu traballo. Pois a resposta é: para sacar rédito político, anque isto supoña para os veciños outra carga máis. "Primero Yo, después Cambados". Ou como dixo Montoro no seu dia "Que caiga España que ya la levantaremos nosotros"

Ningún comentario: