13 de xuño de 2018

REAPERTURA DO PATÍN ESTE XOVES 14/06


Unha moi boa nova para todos os que desfrutamos do que queda nas noites de troula de cambados, é que este xoves 14 as 17:00 horas vaise a producir a reapertura de un dos buques insignia da movida cambadesa, reabre o patín da man de tres coñecidos individuos, que se embarcan así na súa primeira experiencia emprendedora.



Nos últimos anos estivemos vendo como pouco a pouco se ían cerrando locais que foron parte importante do que foi o centro de ocio nocturno máis importante a finais dos 90 e inicios dos 2000 na nosa comarca, pero un puñado de atrevidos hostaleiros estanse a afanar en manter con vida a este paciente moribundo e vendo o que esta a pasar, parece que dito paciente está a dar os primeiros sinais de mellora. Así o patín súmase a recente reapertura da Favela e os que estiveron aguantando este longo inverno (Enxebre, Leria, En B...).



Os tres individuos que se embarcan nesta aventura son Alexis, Pedro e Chopi (Roberto Jr.). Tres rapaces avezados nas artes de saír de festa, pero que dende este xoves terán que demostrar as súas habilidades detrás dunha barra e facendo que os seus clientes pasen ratos agradables no seu local.



Abrirá co modelo que tan bos resultados está a dar nalgúns locais do entorno, apertura dende mediodía para o vermú e peche ben entrada a noite. A inauguración coincidirá coa propia inauguración do mundial, para dito evento contarán con picoteos varios (empanadas, tortillas...).

Ningún comentario: