11 de xul. de 2018

O PASEO DA CALZADA CHEIRA MAL



Non sei se vos cadrou pasear estes días de forte calor  pola Calzada. Se ademais cadra con marea baixa o cheiro é bastante desagradable. 

Se xa non hai verquidos de augas sucias ao mar o cheiro debe vir do lixo que se acumula na ribeira. Disque que a limpeza desa zona corresponde a Portos de Galicia, esa entidade que no caso de Vilagarcía preside JJ Durán. E no te lo pierdas cóbralle ao Concello de Cambados (é dicir a nós) máis de 50.000 euros/ano polo uso dos espazos gañados ao mar como é o caso de todo o Paseo da Calzada, incluído, creo, onde se poñen as casetas do albariño. Un recheo que leva 150 anos feito.

Pois a JJ Durán debe darlle igual que cheire na Calzada (JJ debe cobrar de soldo cerca dos 100.000 euros/ano, dito sexa de paso) sobre todo porque así igual lle chega algo ao goberno cuatripartito se teñen as fiestras abertas na casa Consistorial.

Luís Aragunde, compañeiro de partido de JJ,  ao mellor podía facer algo para axilizar os trámites para a limpeza, porque dinnos que o Concello xa o solicitou. Pero xa sabemos que a estratexia de Aragunde a un ano das eleccións é " cuanto peor mejor".

E no medio deste xogo político estamos os sufridos cidadáns cambadeses e os turistas que nos visitan que temos que "disfrutar" do cheiro a cloaca. Os turistas ademais poden facer unha sinxela dedución: un poucos metros máis alá recóllese o marisco que se comen nos restaurantes de Cambados.


Sr JJ Durán, Sr Aragunde, Sres do Concello, arrégleno, porque senón, imos pensar que o que cheira a cloaca son vostedes.

Ningún comentario: