6 de abr. de 2019

A importancia de chamarse Luis Aragunde


Corren malos tempos para a lírica na rúa Alfonso Rodríguez Castelao e é que o que noutrora eran peticións para entrar na lista co obxectivo de gañarse un traballo no concello xa non é acicate para acceder a mesma, dadas as malas expectativas dos populares nestes comicios. E que o PP con Aragunde ven de perder 1500 votos en Cambados (máis de 16 puntos porcentuais), unha vía de auga que non son quen de pechar.

E así chegamos a dúas semanas do peche do prazo da inscrición das listas con un PP chamando a portas e vendo como se lle van pechando mentres que os seus rivais políticos pouco a pouco van enchendo os medios de presentacións de candidatos e con perfís ligados a política e o activismo dende hai moito tempo.

Esta circunstancia parece por outra banda a principal motivación do PP para ir sacando nos medios aquelas caras que van conformando a súa lista como unha sorte de cruzada a remolque do resto de formacións que nesta precampaña lle levan varios metros de vantaxe.
Non imos a negar dende aquí, que este goteo de candidatos lle da unha visibilidade en medios, que por outro lado xa ten, e que lle evita a Aragunde ter que saír nas páxinas da sección local dos periódicos sinalando as pedras no camiño de valados privados.

E que despois do afundimento das eleccións do 2015 non quedou ninguén a bordo máis que o capitán do barco, que vendo como lle foi nesta lexislatura, ben puido facer como Francesco Schettino, e dar paso a unha renovación da lista dende o seu posto máis importante.

Do presentado ata o momento, que dicir... Sabela Fole non era coñecida polo aquí escribinte, pero é coñecida na vila, sobre todo, pola súa actividade profesional (é avogada) e de Silvia, que foi presentada como vicepresidenta da asociación de veciños o Batuqueiro, coñecémola máis por estar durante certos períodos traballando como auxiliar de policía na vila.

En fin, que o que noutrora fora un alcalde de gran empaque e unha lista da que todo cambadés escorado a dereita quería formar parte, hoxe en día é un páramo do que é difícil conseguir que a semente vaia para arriba.

Ningún comentario: