10 de abr. de 2019

EN A TI MEU CAMBADOS CABEMOS TODOS.


EN A TI MEU CAMBADOS CABEMOS TODOS.
A ÚNICA EXCEPCIÓN SON OS INSULTOS OU AS ACUSACIÓNS FALSAS E SEN PROBAS

Desde a súa creación o blog e o Facebook de A Ti Meu Cambados foi un punto de encontro de todos aqueles veciños que aspiraban a un Cambados máis democrático, plural e comprometido cos valores progresistas, nacionalista e galeguista. Consideramos que, sobre todo Xaquín Charlín González a través deste medio, pero tamén o resto das RRSS e blogs da esquerda cambadesa hai 4 anos axudaron a rachar con 28 anos de maioría absoluta do PP e facer posible un goberno alternativo que, a pesar de todos os erros cometidos e sempre desde o noso punto de vista, resultou positivo na maneira de xestionar o concello.


Nesta nova etapa queremos seguir sendo fieis a estes valores. Por iso, hoxe queremos recalcar que ATMC SEGUE ESTANDO ABERTO A PUBLICAR OS ARTIGOS E OPINIÓNS DE TODOS AQUELES VECIÑOS, CALQUERA QUE SEXA A SÚA IDEOLOXÍA, SOBRE ASUNTOS RELACIONADOS CON CAMBADOS.

A diferencia doutras páxinas de distintos sesgos políticos, nós non utilizamos perfís falsos nin nos agochamos baixo ningún perfil anónimo. NÓS DAMOS A CARA... Por iso, non contribuiremos a difundir rumores ou comentarios de perfís falsos ou anónimos que intenten difamar a terceiras persoas.

NON SOMOS PARTIDARIOS DE TIRAR A PEDRA E ESCONDER A MAN... Polo tanto, non publicaremos ningún tipo de comentario que supoña a creación e difusión de rumores sobre comisión de delitos sen aportar ningún tipo de probas que unicamente teñen como obxectivo danar a imaxe de terceiros. É un acto de covardía crear rumores infundados para danar a imaxe dunha persoa: Se alguén ten indicios ou probas da comisión dalgún delito pedímoslle que o denuncie no Xulgado ou na Guardia Civil. E unha vez presentada a denuncia alí onde hai que presentala, en ATMC darémoslle a oportuna difusión.

Por último, aproveitamos esta ocasión para reiterar o noso agradecemento pola extraordinaria acollida que están tendo as nosas publicacións.

Ningún comentario: