20 de abr. de 2019

OS SEMAFOROS DE VILARIÑO NON TEÑEN COLOR AZUL

Nestes días de semana santa, tempos de Románicos e Apostólicos, convén dicir a celebre frase "A Deus o que é de Deus, e o César o que é do César".

Así pois de antemán o parabén a xunta directiva da asociación de veciños "O Batuqueiro", que gracias a súa tenaz insistencia conseguiu un logro tan necesario e tan demandado para mellorar a seguridade vial na estrada PO300.

E digo demandada porque fai case 20 anos, anteriores xestores veciñais xa solicitaran por activa e por pasiva estas e outras melloras na estrada PO300, todo en aras a mellorar a seguridade na zona, sen que as autoridades que agora saen nas fotos se preocupasen de atender esas demandas.
"Cando algunhas e algúns andaban en pañais, outros xa picaban nas pedras"... pero enténdese que en tempos electorais todos queren subir no carro dos logros conqueridos, e facer propias as batallas conquistadas.

E unha gran satisfacción ver conquerida una mellora para a nosa seguridade vial, coa instalación desta rede semafórica que tan solo ten os colores típicos destes aparellos, o VERDE de unha demanda veciñal tantas veces solicitada, e tan necesaria, o VERMELLO de poñer sempre trabas os veciños, e de poñer fin o risco evidente de accidentes de trafico na zona, o AMARELO de ser prudentes e insistentes na demanda de melloras pro sistema colectivo veciñal, pero este semáforos non teñen o color AZUL de aqueles que se esquecen da historia, e queren facer seus os méritos, e os  logros de todo un colectivo veciñal.

Ningún comentario: