Voltamos
coa axenda cultural ATMC para o Concello de Cambados.
Esta
semana comezamos o repaso polo RiF Rock, onde o venres teremos pinchada a cargo
de Pysch Munstapha.
O
Domingo Á 12:00 teremos no Pazo de Torrado o XXVII Festival de Baile Rexional
organizado pola Asociación Cultural Con de Xido e onde tamén participarán: Os
Carballeiras (Vilariño), Asociación Amigos da Música “San Cristobal” (San
Miguel), A.R.C. Os do 21 e Escola de Gaitas Chacharela (O Vicedo – Lugo) e
Paradanda Grupo Folclórico (O Grove).
(AMPLIACIÓN) O domingo na Leria teremos sesión vermú as 12:30 a cargo de Los Goonies.
(AMPLIACIÓN) Hoxe venres 10/05 inagurouse a exposición "Tempos maiores" na que alumnos, profesores e artistas invitados expoñen fotos, obxectos, proxeccións, cuadros e unha selección de microrrelatos.
(AMPLIACIÓN) No Brokers celebran os seus 3 meses de vida con concerto de Jugones e pinchada a cargo de DJ Jose Vargas
Este fin de semana volvemos a ter proba deportiva, neste caso unha mítica, é que en Oubiña terá lugar o XXX Maratón Popular Memorial Manuel Mariño Castro, unha das carreiras máis auténticas da xeografía galega, que sempre crea un ambiente inmellorable para pasar a mañá do domingo en familia.

Quédanos
unha fin de semana moi completa tendo en conta que poderemos degustar ostras durante
toda a fin de semana.
DESFRUTEN

Ningún comentario:
Publicar un comentario