A
concellería de Economía e facenda ven de promulgar as “Xornadas da Ostra” que
terá lugar este fin de semana na nosa vila. O evento contará coa participación
de máis dunha ducia de locais de hostalaría da asociación de Comerciantes de
Cambados “Zona Centro” e seis depuradoras de Tragove da Asociación Galega de
Empresarios Depuradores de Molusco.
Terán
lugar o 11 e 12 de maio entre as 12:30 e as 15:30 horas e os locales estarán
situados na Rúa Real, na Praza da Leña e na Praza de Alfredo Brañas. Os prezos
serán populares e oscilarán entre os 5 € da media ducia de ostras e os 10 € da
ducia enteira.
Os
fondos recadados neste evento serán a prol do Club Juventud Cambados, se ven,
todo indica que van ter continuidade os eventos desta clase e os fondos resultantes
iranse repartindo por todos os clubes do noso pobo, como xa se fixo en primeiro
lugar co Xuven.
Aproveitamos a presente para dar o parabén a directiva do Cambados por 4 anos nos que quitaron o equipo amarelo do pesadelo no que estaba instaldo e poñelo novamente na categoría da que non debeu baixar nunca. So desexar que se rachen as quinielas e esta directiva continúe un mandato máis.


Ningún comentario:
Publicar un comentario