22 de maio de 2019

LUIS ARAGUNDE, 240.000 € QUE NOS SAEN POR UN OLLO DA CARA


O noso anterior alcalde, non lle sucedeu o que lle ocorre o resto dos mortais da vila cambadesa. Unha vez acadou a maior derrota do Partido Popular en 32 anos, non foi quen de recoller as súas cousas e marchar a refacer a súa vida fora da política. El non, a vida fora da política non está feita xa para el.


Así, e debido a gran influencia que hai 4 anos aínda tiña o Partido Popular Cambadés no PP da provincia, accede a un sillón no pleno da deputación de Pontevedra. Que consigue con isto Luís? Que a pesar de sufrir en carne propia a gran derrota do PP na vila do Albariño, logra o ascenso da súa vida con subida salarial e traballando solo dúas veces ó mes.

E que custe ten para nós esta situación? Luis é, xunto con outro deputado do PP (Jose Manuel Figueroa, Vigo), o único con dedicación exclusiva na deputación sen cargo algún dentro do órgano provincial e que non participa de ningunha das 10 comisións que se celebran nel.

Polo tanto, podemos dicir sen medo a equivocarnos que, Luis cobra un salario anual de 59.818,49 € (o máis alto logo da presidenta), acudindo a dous plenos por mes, un deles na deputación e o outro no concello de Cambados. A media de plenos nestes dous organismos é de 10 anuais, polo tanto facendo unha conta rápida o pleno de Luis sáenos a 2990,92 €. Un salario por sesión a altura dun artista ou dun deportista do máis alto nivel. Un salario que percibe sen ningún mérito coñecido, nin ningunha habilidade política exuberante a vista e aínda lle parecía mal que se convocasen plenos tódolos meses no concello de Cambados, normal, el ía cobrar o mesmo e traballando a metade.


Pero que fará Luís no caso dunha nova derrota electoral? Que fará coas vacas sagradas fora do partido e rodeado dunha lista electoral sen ningún poder a nivel Provincial e con uns Tourís e compañía que terán que levar unha cabeza a San Caetano no caso dunha nova derrota no feudo cambadés? Terá pensado volver a Deputación?

Todas estas preguntas serán contestadas a partir do luns. Nos mentres tanto, imos a recordar no día de mañá os grandes momentos dun mandato no que Luís tivo tódolos medios a súa disposición para poder facer fronte o goberno municipal de Cambados, pero deixou que o tempo se lle escapase entre os dedos sen conseguir facer unha oposición eficaz e incluso con momentos de ridículos escandalosos.

Ningún comentario: