21 de maio de 2019

SOMOS CAMBADOS ENCHE PEÑA E COLLE IMPULSO PARA ESTA ÚLTIMA SEMANA DE CAMPAÑA


A candidatura da plataforma veciñal Somos Cambados tivo este domingo o seu mitin central as 19 horas No salón de Congresos e exposición Jose Peña. No acto os compoñentes da candidatura de Somos Cambados estiveron arroupados por máis de 300 cambadeses de toda cor política e condición, consolidándose así como unha forza integradora, que busca seguir crecendo no futuro.


Facemos unha paréntese aquí, para dicir que antes do inicio do acto había colocadas 164 cadeiras, ás que lle tiveron que sumar 100 máis para cando xa estaba comezado o acto e que había unhas 50 persoas de pe. Creo que as contas están claras e dicindo 300 persoas igual nos quedamos curtos e todo isto sen autobuses, sen cabezas de cartel das europeas ou da Xunta, sen ningún Rueda, nin ningún presidente da Xunta ou do Congreso e sen os compañeiros de partido dos municipios veciños... simplemente 27 cambadesas e cambadeses que dan o paso e se presentan para representar o seu pobo.


A presentación da mesma foi a cargo de Olga González Vilas (Directora da Compañía Caracol), que fixo un gran papel de mestra de cerimonias, non se esperaba menos dunha persoa coa súa traxectoria.

Comezou o último posto da lista, Xan Galbán, co seu xa clásico saúdos ós “cambadeses libres”. O acto foi moi emotivo dado que tivo intervencións de tódolos membros da candidatura que asistiron e incluso algunha dos que non estaban, como Lledó Ambrós, que participou por medio do vídeo electoral sobre as medidas que Somos Cambados leva para a Biblioteca Municipal e a ampliación das áreas de estudo. Tamén se fixo alí a presentación do vídeo coas propostas de deporte, que creou gran sensación entre moitos dos asistentes.

Obviamente o protagonismo caeu nos integrantes que se sitúan nos primeiros postos da lista, que o fin e o cabo son os que teñen máis opcións de entrar na corporación municipal. Aquí, tanto Noelia Gómez, como Nando P. Rey e Carol Laya, que a pesar de ter moi pouco percorrido na política municipal deron conta da súas capacidade de oratoria e das súas gañas de traballar polo municipio de Cambados.


Mención a parte merecen os dous veteranos desta candidatura e con vivencias xa en mil batallas o longo deste mandato. Xurxo Charlín aportou os números e a gran mellora que tivo o concello nestes catro anos no económico e na rebaixa da carga impositiva. Pola súa parte Tino Cordal fixo repaso das principais propostas que levan no programa, facendo fincapé na importancia que van ter as parroquias nesta lexislatura enumerando unha serie de propostas entre as que destacaban: a finalización do saneamento, a instalación de fibra de última xeración en tódalas parroquias ou a o inicio dunha liña de transporte público para que tódolos veciños poidan facer as súas tarefas habituais no centro da vila. Tampouco faltou a defensa da sanidade pública, unha constante o longo de toda a lexislatura, onde as reclamacións principais son: que a ambulancia medicalizada teña a súa base en Cambados, que non se siga a castigar dende a Xunta coa ausencia de reposición de profesionais de pediatria ou o peche do Centro de Saúde en época de vacacións. Non estivo ausente a reclamación do Consello Regulador.

Pola parte que me toca e para rematar, agradecer o gran aplauso que tivo Teresa Piñeiro cando subiu o escenario, da gusto ver que a túa nai ten semellante mostra de cariño por parte da nosa vila.

Ningún comentario: