18 de nov. de 2019

CAMBADOS PROTAGONISTA DO PROGRAMA DA TVG ANACOS DE VIDA


O vindeiro sábado 30 de novembro emitirase as 18:55 na TVG o programa Anacos de Vida ambientado na nosa vila. O programa protagonízano nenos do colexio de San Tomé e as mulleres da nosa contorna. Tamén serán protagonistas o viño, o mar, o teatro e moitas cousas máis que de seguro farán as delicias de tódolos cambadeses.



Na produción do programa traballa a cambadesa Julia González Yañez como cámara e foi no seu perfil de facebook onde tivemos noticia da emisión deste sábado.



No programa Anacos de vida segundo contan na súa propia sinopse normalmente podemos ver o seguinte:
“En Anacos de Vida percorremos Galicia na procura das pequenas e grandes historias que hai tralas mellores fotos antigas do país. Imaxes e historias que nos emocionan porque son unha parte esencial das nosas raíces, do que fomos, do que somos e do que podemos chegar a ser como pobo.  
Cada capítulo de Anacos de Vida é unha viaxe sorprendente onde interactúan os maiores, que saben das historias que agochan as imaxes antigas, e os novos, que andan na procura das mellores fotos e historias do seu concello, animados por dous presentadores que veñen dende o pasado na súa máquina do tempo.  
O vello bus de Anacos de Vida percorre as aldeas e vilas de Galicia para descubrirnos esas fotos que nos falan das pequenas historias que nunca saen nos libros nin na tele. Cada programa é unha emocionante viaxe no tempo a través das imaxes e de tres historias, a foto do pasado, a foto por facer e a foto misteriosa.”



Ningún comentario: