Cambados súmase este ano a esta iniciativa de celebración. Neste senso,
organízanse unha xornada con unha visita guiada ao Pazo de Fefiñans organizada
pola “Asociación de amigos de Fefiñans” para 20 persoas, unha mesa redonda
baixo o titulo “O Patrimonio Histórico de Cambados”, e a presentación dos
proxectos de restauración e conservación previstas para o vindeiro ano das
obras de singular relevancia do Concello de Cambados.
Ás 12:00 h comezaran as xornadas coa visita guiada ao Pazo de Fefiñans,
para logo, ás 13:00 h realizar a mesa redonda na que participaran o Técnico
Municipal de Patrimonio, Javier Montero, os Historiadores locais, Maribel
Iglesias e Gumersindo Mosteiro, xunto coa Diseñadora e Arquitecta, María Nuñez e
o restaurador José Rey Aguiño. Nestas xornadas tamén se fara a presentación e
explicación do laborioso proceso de restauración de obras de gran valor e
calidade que forman parte do patrimonio municipal, como son o Proxecto de
Restauración e Conservación do Cruceiro de Terra Santa (O Cruceiro- Vilariño)
cun Orzamento de 12.434,31 €., a Colaboración para a Restauración do Conxunto
Escultórico da Divina Pastora (Capela da Pastora), e o Proxecto de eliminación
e limpeza de “grafittis” no muro Norte da Capela da Pastora, no que se
aproveitará para eliminar as xuntas actuais de cemento “Portlan” para a
execución dun novo encintado de morteiro que se integre mellor coa fábrica de
pedra. Este proxecto está presupostado nun total de 7.000 €.
Tamén se explicará a Recuperación das pezas de pedra que formaban a canle
de abastecemento de auga do antigo Convento de San Francisco, que serán
depositadas no xardín da Igrexa Parroquial, como recordo e evocación dun dos
elementos esenciais da antiga finca do Convento.
Traballos de Arqueoloxía na Torre
Por outra banda no vindeiro ano esta previsto dende o departamento de
Patrimonio a construción dun gavión para protexer as estruturas arqueolóxicas e
o levantamento dun mapa topográfico do subsolo mediante xeorradar na Illa de
San Saturniño. Empregarase esta técnica non invasiva co fin de obter
información sobre as estruturas antigas soterradas no subsolo da Illa sen
necesidade dunha intervención que altere a súa orografía e topografía, xa moi
deteriorada pola acción das mareas e do cambio climático. Con esta técnica
preténdese estudar os restos existentes para verificar a existencia da antiga
casa-pazo e da capela edificadas na Baixa Idade Media, así como outros restos
de épocas anteriores, profundizando no coñecemento desta Illa da Figueira como
cerne da Vila de Santomé.
Tamén dentro do Conxunto Histórico de Cambados dende a area de Patrimonio o
Concello quere manter o compromiso para axilizar os prazos nas licenzas de obra
mediante a redución da periodicidade das Comisións de Patrimonio, xa se
celebraron unha no mes de outubro e outra no mes de novembro, e a apertura
dunha nova Convocatoria 2020 para a solicitude de axudas a fondo perdido para a
restauración e rehabilitación de vivendas no Conxunto Histórico, cunha dotación
de 150.000 €, que se engadirán aos 55.000 € xa executados no 2019.
Os interesados en participar na visita gratuíta guiada ao
Pazo limitada a 20 persoas teñen que inscribirse na Oficina de Consumo
municipal no Concello ou enviar correo electrónico ao mail
consumo.cambados@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario